Entradas para la categoría ‘correlingua’

Correlingua 2011

miércoles, mayo 4th, 2011

Que tal o pasastes no Correlingua 2011?

Pois agora imos reflexionar sobre o que significa esta actividade para o galego e para os galegos.

  1. Visitade a páxina oficial de Correlingua, e buscade na columna da dereita  “Manifesto” . Lédeo para recordar ben o que nos dixeron alí os alumnos do IES Agra de Leborís.

            Logo, copíadeo no caderno de Galego. Falaremos do que dí na clase.

2º Visitade a páxina de Día das Letras Galegas.

Descubride alí o por qué se celebra o Día das Letras Galegas, os 8 últimos autores homenaxeados  e quen é o autor  ó que se lle adica este ano.

Facede un pequeno texto que recolla esta información e escribídeo tamén no caderno de Galego.

Aqui vos deixo unhas  fotos de onte. Poñerei todas as que vos quitei nunha presentación outro día.