Entradas para la categoría ‘Noticias do cole’

Día das Letras Galegas

viernes, mayo 10th, 2013

Éstase achegando o día grande da LINGUA GALEGA, o 17 de maio, que creo que ben sabedes de qué se trata.

Este ano adícase a un autor chamado Roberto Vidal Bolaño, quen escribiu moitass couas pero sobre todo era autor de teatro

O 16 , xoves imos cantar todo o cole duas cancións

O RAP da Lingua e o Himno Galego

Aqui poño uns vídeos para que practiquedes

 

E agora o Himno Galego

Carteis de Reis

lunes, enero 7th, 2013

Irene recibiu o premio á aula de 5ºA polo seu cartel anunciador da cabalgata de Reis do Concello de Cambre.

Os traballos de Tabita e Jósbell, escollidos ó chou, tamén foron agraciados con dous accésits.

Noraboa a eles e tamén a todos os demais nenos e nenas da clase que participaron pero non obtiveron premio.

Fixestes uns debuxos moi bonitos!!

Una foto de 5ºA

jueves, diciembre 6th, 2012

¿A que estáis muy bien?

BENVIDOS!!!!

jueves, septiembre 20th, 2012

Quero dar a benvida ó blog “Interneteando” de Prensa Escuela ós nenos e nenas da clase de 5ºA, que este ano van a utilizar este espazo na internet e que son:

Ángel,   Gabriela, Alma,   Nerea,   Irene,   Laura, Aixa,  Sara, Jósbell,  Martín, Raúl,  Anthony,  Jonatan, Kevin,  Luna,  Jorge, Tabita e Diego.

Creo que están todos.

Pois como dicía, desde aqui iremos informando do que vaiamos facendo ó longo do curso.

Espero que as familias destes nenos nos visiten e que comenten as entradas que poñamos.

Como inicio mirade este vídeo, que ten que ver con algo que vos contarei máis adiante. Que vos parece? 😆

FELIZ CURSO!!!

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

EXCURSIÓN FIN DE CURSO!

martes, mayo 22nd, 2012

Ola, como xa sabemos todos xa esta acabando o curso, e para os nenos e nenas de sexto finaliza a Educación Primaria, xa imos para o instituto! Por iso os profes decidiron facernos unha excursion de fin de curso.

Imos ir a O Grove, e ímonos instalar nun camping que se chama Os Fieitás. Estaremos alí os días 6,7 e 8 de xuño.

Saliremos pola mañá o día 6, e iremos dende aquí en tren ata Pontevedra. De Pontevreda iremos á praia de Cesantes en bus, e despois ao camping. Instalarémonos e presentarémonos.

Xantaremos todos os días as dúas da tarde.

O día 6 pola tarde iremos á praia a facer xogos cooperativos e merendaremos. Pola noite despois de cear faremos xogos nocturnos, que divertido!

O día 7 levantarémonos e faremos danza para desperezarnos, iso todos os días. Almorzaremos e recolleremos as habitacións. Despois iremos a facer un intermareal na praia ou iremos ao Acuario, depende de se a marea do mar esta baixa ou alta. Xantaremos. Pola tarde Faremos o que non fixemos pola mañá. Claro está, todos os días temos tempo para ducharnos, cousa que antes non pronunciei. E outra vez, despois de car, xogos nocturnos.

O día 8 faremos o de todos os días. Despois iremos ao monte e faremos xogos e actividades como tiro con arco, ir en canoa… E tamén vivacs. Sabedes o que son os vivacs? Pois non o digo, así será unha sorpresa. Xantaremos. Pola tarde iremos no catamarán, que ten fondos tranparentes para ver as bateas e as demais cousas que se ven debaixo do mar. Iremos coller o tren a Pontevedra e alí faremos un xogo de despedida.

DIVERTIDO VERDADE?!

Espero que sí, jaja.

Bueno eu creo que o imos pasar xenial na excursión, porque estamos todos xuntos.

A DIVERTIRSE COMPAÑEIROS!

Saúdos, UXÍA.