Entradas para la categoría ‘pesca’

LOS NARVALES

martes, noviembre 25th, 2014

Se cree que son unicornios que se adaptaron a vivir en el agua.

Suelen pescar en grupo aunque algunas pescan solos .

Pescan con sus enormes pinchos, que son muy valiosos en el mercado.

Son vivíparos

MOLUSCOS

domingo, abril 22nd, 2012

Deixo o vídeo do traballo de investigación sobre os moluscos, feito por Ma rcos Laranga, Diego López e David.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Noraboa polo resultado do seu esforzo.

El Pez Frank

jueves, marzo 1st, 2012

Hola aquí os dejo un cómic poco trabajado hecho por MI.

Me faltaría colorearlo perfilarlo y todo eso pero esto sólo es un borrador.

1ª VIÑETA:Hola soy Frank un pez de comic…

2ª:y vivo en una pecera.

3ª:!Ah¡ y voy muchas veces a urgencias.

4ª:Que cuadro mas bonito.   (cuadro :feo)

_________________________

1ªVIÑETA:Ja,ja te puedo comer.

2ª:Ja, ja pezqueñin

3ª:(glup)

4ª:Ooooooooooooh

___________________________

1ª VIÑETA:¡UNA FOTO!

2ª:Listo

3ª:Click,Click

4ª:Aaaah.

FIN

Tambien al escanerlo se han cortado un poco los bordes pero tampoco es mucho.

Chaaaaaaaaaaaaaaaooooooooooooooooooooooooooooooo.

UN MAR CHEO DE…

domingo, enero 22nd, 2012

UN MAR CHEO DE…
Estas palabras nos achegan máis  ó tema nos está servindo como centro de interés e que xa levamos tratando na clase desde principio de curso.

Tamén será o título da mostra que fagamos cos nosos traballos cando rematemos.
Así,  como quen non quere a cousa, xa temos  feito varias actividades:

• Vimos o documental “Azul profundo”, sobre fondos mariños.
• Ambientamos unha zona na clase onde expuxemos libros, películas, materiais… todo relacionado co mar ou cos oceános.
• Fixemos animais mariños con plastilina.
• Estamos a recoller noticias na prensa relacionadas co mar .
• Visualizamos tráilers de películas co mar como fondo: “Liberad a Willy”, “Titanic”.
• Estamos a ler “20000 leguas de viaje submarino”.

Pois… agora tócavos  investigar!!!!

Os mares e os oceános ofrecen miles de temas curiosos, interesantes que poden ser o punto de arranque para as vosas pesquisas.

Quen non se sentiu marabillado ó ver aqueles peixes misteriosos que viven nas profundidades a onde non chega nin un pouco de luz…
O profesor Aronnax observa nun paseo polos xardíns submariños do capitán Nemo que as algas son de diferentes cores segundo a altura á que se atopan: as que están máis cerca da superficie son verdosas, logo vanse volvendo avermelladas e por último son case negras. Por que ocurre isto?
O capitán Nemo vive só do que o mar lle ofrece: carne, leite, roupa… ata produce electricidade… Como pode ser iso? Que ofrece o mar? Cal son os recursos que obtemos na actualidade do mar?
Nemo vai no Nautilus que é un submariño, pero… que outros tipos de medios de transporte poden ir polo mar?
Hai barcos pequeiros, petroleiros,cargueiros, fragatas, portavións, trasatlánticos, cruceiros, iates, … Como empezou a navegación? Por que?…
O mar tamén é fonte de inspiración para moitos artistas: o pintor Sorolla, o poeta Alberti, o cantautor Serrat… Hai moitísmos libros, cancións, películas, cuadros nos que o mar é o protagonista, que historia relacionada co mar recordas? Que película? Que canción fala de mar ou de peixes ou de barcos?
Serías quen de inventarte algo : unha historia, un debuxo, un poema, un chiste,

Espertou a vosa curiosidade  ?

Queredes saber máis sobre algún aspecto? Sobre a historia dos barcos? Sobre os distintos tipos de peixes que hai? Sobre alimentos mariños? Existiron de verdade os piratas? Que deportes se practican no mar?…
Seguro que se vos ocurren miles de preguntas ás que vos gustará darlles respostas.

POIS… MANS Á OBRA!!!!!   ou mellor AL ABORDAJE!!!!

En grupos de dous ou de tres, como máximo, debedes realizar un traballo de investigación que como resultado final terá dúas partes:
1ª parte :
Un dossier composto por : portada + 8 páxinas de desenvolvemento do traballo, escritas a man só por unha cara + unha páxina na que relacionedes as fontes de información (libros e páxinas web utilizados) + contraportada.
2ª parte :
Un documento multimedia ( vídeo, de 5 minutos como máximo , ou un álbum dixital con 20 fotos como máximo, feitas por vós mesmos)

• Unha vez rematado o voso documento hai que expoñelo en público e para iso podedes apoiarvos nunha presentación power point con 10 diapositivas como máximo, cun vínculo ó vídeo ou ó álbum.

Para organizar o voso traballo aquí vos deixo unhas indicacións.

1º. Determinade o tema ou temas que queredes investigar.
2º. Buscade información, e recollédea. Xuntádea toda nunha carpeta.
3º Ler a información que encontrastes e ide suliñando e destacando aquilo que vos resulte interesante.
4º Estructurar o traballo, é dicir pensade de que partes vai constar.
5º Redactade o texto e facede a presentación para a exposición oral.

PARÉCEVOS MOI COMPLICADO DE FACER?????????


Tranquilos.

Non hai traballo imposible cunha boa organización.
En primeiro lugar, o calendario:
Do 25 xan ó 10 feb: Búsqueda de información
Do 13 ó 17 feb :    Ler a información atopada.
Xoves 23 feb:       Na clase, organizar o traballo a facer por cada un.
Do 27 feb ó 9 de marzo:  Realización do traballo e do vídeo ou do álbum

Do 19 de marzo en adiante EXPOSICIÓNS ORAIS.

Asi que xa sabedes , tedes ata o 19 de marzo

En segundo lugar os temas que poden aparecer no voso traballo persoal (podedes escoller un ou máis dun, como vos pareza mellor):
1. Introducción. OBRIGATORIO
2. Biodiversidade ( seres vivos que habitan no mar)
3. Importancia do mar : para a alimentación, para o transporte, como fonte enerxia, como ocio,..
4. Historia da navegación ( tipos de barcos que houbo ó longo do tempo, grandes batallas navais, os piratas)
5. Problemas no medio mariño: contaminación, cambio climático.
6. O mar como inspiración ( literatura, pintura, cine, música,…)

7. Conclusións.  OBRIGATORIO

ESPERO QUE APRENDADES MOITO…
Quen sabe se algún de vós quere ser un home ou muller de mar? … quen sabe..?.