Descubrimos o pasado

17 de xaneiro de 2013

Aquí tedes unha axuda para concretar o tema de investigación

21/10/12

Xa levamos varias actividades sobre o noso proxecto “Descubrimos o pasado”

O xoves  5  de outubro na bilioteca fixemos una busca de información sobre a Prehistoria. Aprendimos a  utilizar as enciclopedias e a buscar nos índices e sumarios. Logo escribimos o que averiguamos e llo contamos os compañeiros.

O venres 19 fumos a visitar monumentos prehistóricos a Vilalba: vimos un acubillo de homes do Neolítico nun lugar chamado Pena Grande.

Tamén puidemos ver un menhir : a Pedra Chantada .

A visita ó Museo da Prehistoria e Arqueoloxía foi superinteresante, e co obradoiro “Arqueoloxía en acción” puidemos experimentar como se facían ferramentas coa pedra, primeiro lascada ( Paleolítico ) e logo  pulida (Neolítico)

Un bonito póster da saída:

_____________________________________________________________________________

O longo deste curso desenvolveremos un proxecto de traballo e aprendizaxe  ó redor dun tema fascinante:

PREHISTORIA  e HISTORIA ( este curso só  as Idades Antiga e Media)

 

Xa temos empezando , por se non vos distes conta.

Por que falamos sobre cavernícolas, miramos libros, limos o tema da Prehistoria…????

Pois… para meternos en materia!!!   

Estamos a  descubrir cousas moi interesantes sobre a Prehistoria  e a Historia e me parece que vos están entrando ganas de investigar e aprender moitas cousas.

Pois ADIANTE!!!!!!!!!!


Para seguir coa información aquí tedes o enlace da peli que empezamos a ver na clase.

“O homo sapiens”


e un vídeo do home de Cro-magnon. Espero que vos guste!!!

 

 

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

___________________________________________________________________________________________