A Guerra

Entrada relacionada Entrevista a Miguel Anxo Murado

Miguel: Que sente un  xornalista cando ve as bombas tan cerca?

Miguel Anxo Murado: No momento, non pensas máis que onde refuxiarte, que facer, non tes tempo para máis. Logo, cando estás a salvo, é cando ás veces sintes unha preocupación que pode volverse unha ansiedade. Non é nada agradable nin emocionante. A guerra é unha cousa terrible. 

 

Maria: Canto tempo lle levou afacerse a esa vida?

Miguel Anxo Murado: Cando chegei a Palestina xa tiña estado noutras dúas guerras, e en Palestina nese momento non había guerra. Para cando comezou a violencia, xa levaba aló dous anos, tiña amigos, coñecía ben o lugar, falaba o idioma e estaba afeito xa a moitas cousas (os controis, a presenza do exército, a inxustiza) que son, como decía, peores que a violencia, por que son constantes, non suceden só de vez en cando.

Tags:

One Response to “A Guerra”

Leave a Reply