Queremos saber

Entrada relacionada Entrevista a Miguel Anxo Murado

Noelia: Que foi o que máis lle sorprendeu da súa visita a Israel?

Miguel Anxo Murado: Pensaba que Israel me ía resultar máis parecido a Galicia e Palestina maís extraño, e foi ao revés. Israel é máis rico, pero é un país moi particular no que a xente está sempre pensando na idea da “raza”. Non me resultaba fácil falar cos israelís, aínda que tiven amigos entre eles, pero eran israelís que eles mesmos non estaban moi contentos de cómo era o seu país. Palestina é un país pobre, pero a xente é moito maís amable cos estranxeiros.

Tags:

Leave a Reply