Queremos saber

Entrada relacionada Entrevista a Miguel Anxo Murado

SARA BARBEITO: Gústalle o traballo que fai, como xornalista en lugares que están en guerra? Como vive un xornalista todo isto? Ten medo?

Non, non me gusta a guerra. Traballei como xornalista en tres países en guerra, pero non porque me atraíse a guerra senón porque me gusta traballar no extranxeiro, falar outros idiomas, conocer sitios, etc… Pero teño feito moitas cousas que non están relacionadas ca guerra. Canto ao medo, si, pásase medo ás veces, eu polo menos.

SARA LOZANO: Por que emprendeu Israel este ataque?

Este último ataque contra Gaza non é algo raro, tan só se falou máis del porque morreu máis xente, pero esta clase de cousas pasan cada pouco tempo. Os palestinos están encerrados e para protestar lanzan cohetes que fan eles mesmos (non teñen exército, como dixen) e o exército israelí os borbandea con avións para castigalos. Os israelís pensan que se os bombardean moitas veces, deixarán de lanzar eses cohetes, pero os palestinos din que só deixarán de tirar cohetes se os israelís deixan de bombardealos e lles deixan vivir libres.

Tags:

Leave a Reply