Queremos saber?

Entrada relacionada Entrevista a Miguel Anxo Murado

ROBERTO: Foi testemuña dalgún ataque ou atentado? Viu a nenos feridos? Cantos controis tiña que pasar ao día? Retivérono en moitas ocasións?

Miguel Anxo Murado: Si, fun testemuña de moitos ataques e presenciei dous atentados en persoa, ademais de ir logo, constantemente, a todos os lugares onde houbera ataques ou atentados. Vin moitos nenos e rapazes feridos, por desgraza non é raro. ¿Cantos controis hai que pasar? Nunca se sabe, porque algúns son fixos e outros non. Digamos que para ir dun sitio a outro que estea a 15 kms hai que pasar como mínimo dous controis ou tres. Ás veces, un control pode supor estar parado varias horas; es si, fun retido varias veces, pero nunca me sentín en perigo por ese motivo, porque era estranxeiro; para os palestinos é moito pero porque hai 10.000 que están presos e nos cárceres tratan moi mal aos presos.

JUAN JOSÉ: Sempre as relacións entre palestinos e xudeus son malas ou hai algún sitio en que a convivencia é posible?

Miguel Anxo Murado: Nos Territorios Ocupados (Cisxordania e Gaza) a convivencia non existe porque os palestinos están pechados dentro dun muro e todos os israelís que ven dentro son ou soldados que os vixilan ou colonos que lles quitan as terras. Colonos e soldados, pola súa parte, teñen medo dos palestinos e quererían que marcharan de aló, polo que tampouco queren saber nada deles.

Tags:

Leave a Reply