
Nunca se deixaba que a Fogueira dos Contos se apagara ou morrera en cinsas grises. J.R.R. TOLKIEN
Na Feira do Libro podes encontrar libros pequeniños. Por exemplo, podes encontrar unha miniatura de Harry Potter e outra con adiviñas.
(Se queres saber as solucións, le ao revés)
Saio da sala,
vou á cociña,
movendo a coliña,
como unha galiña.
(ariosav a)
Coa súa gran boca
e un só dente
dende o alto
chama á xente.
(ápmac a )
A pesar de ter patas,
non me serven para andar,
teño a comida enriba
e non a podo probar.
(asem a)
E tamén encontramos outro “pequecho”, unha escolma de ditos sobre o libro e a lectura feita por Xavier Seoane. Na primeira páxina lemos:
Ler é poñer as neuronas a facer aerobic. (SEALTIEL ALASTRISTE)
Coas letras construímos palabras
coas palabras construímos frases
coas frases construímos libros
cos libros podemos construír a liberdade
(ALFONSO ÁLVAREZ CÁCCAMO).