Posts Tagged ‘entrevistas’

Queremos saber?

miércoles, febrero 18th, 2009

Entrada relacionada Entrevista a Miguel Anxo Murado

ROBERTO: Foi testemuña dalgún ataque ou atentado? Viu a nenos feridos? Cantos controis tiña que pasar ao día? Retivérono en moitas ocasións?

Miguel Anxo Murado: Si, fun testemuña de moitos ataques e presenciei dous atentados en persoa, ademais de ir logo, constantemente, a todos os lugares onde houbera ataques ou atentados. Vin moitos nenos e rapazes feridos, por desgraza non é raro. ¿Cantos controis hai que pasar? Nunca se sabe, porque algúns son fixos e outros non. Digamos que para ir dun sitio a outro que estea a 15 kms hai que pasar como mínimo dous controis ou tres. Ás veces, un control pode supor estar parado varias horas; es si, fun retido varias veces, pero nunca me sentín en perigo por ese motivo, porque era estranxeiro; para os palestinos é moito pero porque hai 10.000 que están presos e nos cárceres tratan moi mal aos presos.

JUAN JOSÉ: Sempre as relacións entre palestinos e xudeus son malas ou hai algún sitio en que a convivencia é posible?

Miguel Anxo Murado: Nos Territorios Ocupados (Cisxordania e Gaza) a convivencia non existe porque os palestinos están pechados dentro dun muro e todos os israelís que ven dentro son ou soldados que os vixilan ou colonos que lles quitan as terras. Colonos e soldados, pola súa parte, teñen medo dos palestinos e quererían que marcharan de aló, polo que tampouco queren saber nada deles.

Queremos saber?

miércoles, febrero 18th, 2009
Entrada relacionada Entrevista a Miguel Anxo Murado
Belén

Belén

SANTIAGO: Cantas persoas viven nos campamentos de refuxados de Cisxordania? Como viven?

MIGUEL ANXO MURADO: Uns  200.000 do millón  e pico de palestinos de Cisxordania viven en campos de refuxados. Estes campos non son de tendas de campaña, senón casas pequenas, parecidas ás chabolas. As escolas son edificios un pouco mais grandes e fainas a ONU. Pero hai moitos máis refuxados que os de Cisxordania. Son en total uns 6 uo 7 millóns que viven en moi malas condicións sobro todo en Xordania, Líbano, e Siria, así como en Gaza, onde unha de cada tres persoas é un refuxado.

PABLO: Nalgún momento destruíron  algún edificio no que estaba vostede? Como fai a xente para cruzar o muro? Como o costrúen e de que materiais ?

MIGUEL ANXO MURADO: Non, non creo que poidese sobrevivir a unha situación así. Cando o exército israelí ataca edificios faino con mísiles, tanques… O Muro é como todos muros, se a xente está desesperada encontra a maniera de cruzalo, aínda que isto é cada vez máis difícil.

Queremos saber

miércoles, febrero 18th, 2009

Entrada relacionada Entrevista a Miguel Anxo Murado

SARA BARBEITO: Gústalle o traballo que fai, como xornalista en lugares que están en guerra? Como vive un xornalista todo isto? Ten medo?

Non, non me gusta a guerra. Traballei como xornalista en tres países en guerra, pero non porque me atraíse a guerra senón porque me gusta traballar no extranxeiro, falar outros idiomas, conocer sitios, etc… Pero teño feito moitas cousas que non están relacionadas ca guerra. Canto ao medo, si, pásase medo ás veces, eu polo menos.

SARA LOZANO: Por que emprendeu Israel este ataque?

Este último ataque contra Gaza non é algo raro, tan só se falou máis del porque morreu máis xente, pero esta clase de cousas pasan cada pouco tempo. Os palestinos están encerrados e para protestar lanzan cohetes que fan eles mesmos (non teñen exército, como dixen) e o exército israelí os borbandea con avións para castigalos. Os israelís pensan que se os bombardean moitas veces, deixarán de lanzar eses cohetes, pero os palestinos din que só deixarán de tirar cohetes se os israelís deixan de bombardealos e lles deixan vivir libres.

Queremos saber

miércoles, febrero 18th, 2009

Entrada relacionada Entrevista a Miguel Anxo Murado

DAVID: Que fai a xente que queda sen casa? Onde vai? E as terras, as árbores froiteiras, oliveiras, terras de cultivo? Que pasa con todo iso?

MIGUEL ANXO MURADO: Moitos van vivir con outros parentes, ou a campo de refuxiados, ou constrúen unha chavola. As terras de cultivo son moi importantes para os palestinos porque moitos deles son labregos e tratan de cultivalas a pesar de todo, pero eses cultivos tamén resultan moitas veces destruídos nos ataques do exército ou dos colonos (que son israelís que viven en Palestina coas súas familias, pero armados e protexidos polos soldados). A destrucción das oliveiras é unha das grandes traxedias de Palestina, porque tardan moitos anos en medrar.

ADRIÁN: Pensa que algún día haberá Paz?

MIGUEL ANXO MURADO: É moi difícil. Para que houbese paz habería que devolverlles a súa liberdade a todos os palestinos que viven en Palestina e deixar que volvesen outros sete millóns de palestinos que viven no estranxeiro porque os botaron das súas casas hai anos. Pero os israelís non queren vivir cos árabes e son os que teñen a forza, polo que non van permitir nunca nin que sexan libres nin que volvan os que se foron. Os palestinos non teñen razón en todo, e fan cousas que non están ben, pero os que mandan e deciden todo son os israelís.

Queremos saber

miércoles, febrero 18th, 2009

Entrada relacionada Entrevista a Miguel Anxo Murado

ALEX: Que lle pareceu a vida en Palestina? Como se vive nunha zona onde sempre hai conflictos?

MIGUEL ANXO MURADO: A vida en Palestina é dura pero non  tanto pola violencia que poida haber ás veces como polas dificultades de vivir nun país (Palestina) no que hai soldados doutro (Israel). De feito, eu vivin dous anos alí mentres aínda  non había guerra e logo tres con guerra case diaria. En Palestina os anos da paz foron case iguais de difíciles que os da guerra.

JULIÁN: Como eran as noites? Podíase durmir? En que traballaba a maioría da xente? Como fan para trasladarse dun lugar a outro?

MIGUEL ANXO MURADO: As noites son como en calquera outro lugar, agás cando hai bombardeos ou ataques do exército. Entón é normal pasar medo: escóitase os avións e os helicópteros, os disparos… Nesas noites non é fácil durmir. ¿De que vive a xente? Moita vive da axuda humanitaria porque non teñen onde traballar; pero tamén hai xente que traballa na construcción ou no comercio, ou son camareiro, e mesmo hai algunha xente en Palestina que ten pequenas empresas. Pero a maior parta da xente é pobre, e a maioría da poboación son nenos ou adolescentes (son máis da metade).

Queremos saber

miércoles, febrero 18th, 2009

Entrada relacionada Entrevista a Miguel Anxo Murado

Noelia: Que foi o que máis lle sorprendeu da súa visita a Israel?

Miguel Anxo Murado: Pensaba que Israel me ía resultar máis parecido a Galicia e Palestina maís extraño, e foi ao revés. Israel é máis rico, pero é un país moi particular no que a xente está sempre pensando na idea da “raza”. Non me resultaba fácil falar cos israelís, aínda que tiven amigos entre eles, pero eran israelís que eles mesmos non estaban moi contentos de cómo era o seu país. Palestina é un país pobre, pero a xente é moito maís amable cos estranxeiros.

Queremos saber

miércoles, febrero 18th, 2009

Entrada relacionada Entrevista Miguel Anxo Murado

Bea y Yessica: E os nenos, como van a escola? Cónvertense moi pronto en soldados?

Miguel Anxo Murado: Hai que distinguir entre nenos israelís e palestinos. Os israelís non teñen ningún problema para ir a escola, agás que houbo uns anos nos que había atentados nas rúas e moitos nenos foron feridos. En Israel os rapaces (e rapazas) van ao exercito aos 17 anos e o servizo militar dura 3 anos. En Palestina, os nenos teñen moitas dificultades para ir a esola: hai poucas escolas, son moi pobres e, sobre todo, hai controis militares e tamén moito perigo de ataques. Aínda así, eles ensfórzanse moito por ir estudar. En Palestina non hai exército, hai milicias armadas. Non é obligatorio formar parte desas milicias pero os rapaces que entran nelas son maiores ( entre 20 e 40 anos). O que si fan moitos nenos é guidarlles pedras aos tanques e aos soldados, o que é moi perigoso e termina moitas veces en traxedias.

Queremos saber

miércoles, febrero 18th, 2009

  Entrada relacionada Entrevista a Miguel Anxo Murado

Yasmine e Laura: Como conseguen as zonas máis pobres a comida?

 

Miguel Anxo Murado: Os máis pobres viven da comida que lles da a ONU e outras organizacións humanitarias de algúns países. O problema é que nalgúns sitios, como en Gaza, os soldados israelís moitas veces non deixan pasar a comida para castigar aos palestinos porque algún puxo unha bomba, por exemplo.

 

A Guerra

miércoles, febrero 18th, 2009

Entrada relacionada Entrevista a Miguel Anxo Murado

Miguel: Que sente un  xornalista cando ve as bombas tan cerca?

Miguel Anxo Murado: No momento, non pensas máis que onde refuxiarte, que facer, non tes tempo para máis. Logo, cando estás a salvo, é cando ás veces sintes unha preocupación que pode volverse unha ansiedade. Non é nada agradable nin emocionante. A guerra é unha cousa terrible. 

 

Maria: Canto tempo lle levou afacerse a esa vida?

Miguel Anxo Murado: Cando chegei a Palestina xa tiña estado noutras dúas guerras, e en Palestina nese momento non había guerra. Para cando comezou a violencia, xa levaba aló dous anos, tiña amigos, coñecía ben o lugar, falaba o idioma e estaba afeito xa a moitas cousas (os controis, a presenza do exército, a inxustiza) que son, como decía, peores que a violencia, por que son constantes, non suceden só de vez en cando.

Ruído. Relatos de guerra.

miércoles, febrero 18th, 2009

Ruído. Relatos de guerra es una colección de relatos que el escritor y periodista Miguel Anxo Murado escribió tras la guerra de Croacia del año 1991.

Dice como preámbulo: Este libro reflicte na súa maoir parte o universo da guerra de Croacia do ano 1991, unha curta e brutal matanza, sempre susceptible de ser superada. Non é unha crónica, sen embargo, sobre eses acontecementos, senón, se acaso, intenta selo sobre algúns aspectos da propia condición humana. As partes introductorias son feitos reais que provocaron ou deron orixe a cada historia, aínda que ás veces a relación pareza distante.

Miguel Anxo Murado no estuvo sólo en esa guerra. Como periodista y también como trabajador para la ONU, años más tarde se fue a Palestina, y allí vivió el comienzo de la Intifada, y de los conflictos en la zona que todavía hoy continúan. El relato de aquellos cinco años está en otro libro publicado en 2008 titulado Fin de século en Palestina.

Leemos en la parte que titula “Chuvia”: Ás veces chego a pensar que a violencia é unha fe. Ten os seus rituais, os seus símbolos, que son en ocasións os mesmos (a carne, o sangue), ten os seus sacerdotes terribles e os fieis que cren cegamente nela. (…) A violencia ten ademais os seus lugares de culto, os seus altares en sitios determinados. Polo menos así era en Palestina, onde un cansaba de ver os cráteres das bombas nos mesmos barrios de Cisxordania e Gaza, unha e outra vez, as mesmas estradas nas que caían os shabab da Intifada cunha pedra no puño pechado.

El grupo que contribuimos semana a semana a que este blog se vaya alzando como parte del muro de una casa, y que con nuestras entradas unas veces investigamos, otras creamos, otras aprendemos y otras simplemente nos divertimos aprendiendo, quisimos que Miguel Anxo Murado respondiera a preguntas que sobre Israel y Palestina fueron saliendo en el aula.

Agradecemos que haya aceptado nuestra propuesta y que nos haya ofrecido parte de su tiempo.

 

Otros periodistas que han estado en sitios en conflicto: Ryszard Kapuscinski