Feb 23

ROSALÍA DE CASTRO PARA TODAS E TODOS

Incluimos este ano na conmemoración de Rosalía de Castro novidades inclusivas.

Para ver, pica no enlace do novo blogue “Bule bule na escola”

Ene 09

TÍTERES: O XIGANTE E O GOLFIÑO

Desfrutamos coma nenos, nunca mellor dito. Fomos ao Pazo de Liñares a coñecer a nova posta en escea de Fantoches Baj, “O xigante e o golfiño”….preciosa.

Ene 08

PROXECTO ETWINNING “PINCELADAS MATE+TIC Y ARTE”

Este ano participamos no proxecto etwinning “Pintando las mates con mucho arte”. Nel colaboramos varias mestras de distintos países achegando a arte cun enfoque matemático e obtendo un resultado que poderemos intercambiar entre o alumnado.

 

 

Os recursos son moi variados para introducirnos nos distintos pintores: Andy Warhol, Piet Mondrian y Matisse.

Neste primeiro trimestre, con Mondrian.

Podemos visitar a páxina do proxecto creativo multicompetencial MAte+TIC y Arte

Algúns dos traballos…

Ene 08

DIORAMAS

Un diorama é un tipo de maqueta que ensina figuras humanas, vehículos, animais ou incluso seres imaxinarios como punto principal da súa composición, presentados dentro dun entorno e co propósito de representar unha escea. Componse de varios fondos e en cada un deles colocamos un elemento do conxunto.

Os alumnos elaboraron o seu a partires dunha plantilla.

 

Ene 08

CORAL INFANTIL

Pablo, compi da nosa aula, participa na Coral Infantil de Lalín…e faino moi ben.

Puidemos velo actuar e é unha marabilla!

Ene 08

CONCURSO DA TVG

Uns cantos alumnos da nosa aula participaron no concurso da TVG “Coma un allo”, de onde viñeron gañadores e moi ilusionados coa experiencia.

Noraboa Fátima, Xián, Pablo, Lois e Martín!!!

       

Ene 08

SAMAÍN EN IMAXES

No Samaín:

             photocoll de medoooo!!!

Jun 02

MÓBIL CON CALDER

Calder continuou construindo xoguetes toda a súa vida pero a partires da década dos trinta empezou a interesarse por un arte abstracto de formas e figuras xeométricas adaptando algúns dos principios estilísticos de Joan Miró, Jean Arp e Piet Mondrian para desde eles construír a súa propia identidade. Primeiro na pintura, despois na busca dunha pintura abstracta en movemento, na escultura dando lugar a os móbiles, a parte da súa obra máis recoñecida.

Proposta:

Elaboraremos un boceto co móbil que nos gustaría construír.

Para iso deberemos ter en conta que para facelo debemos empregar materiais brandos: arame, plastilina, cartolina, cortiza, goma eva,…

Temos que ter en conta certos conceptos matemáticos:

  • Equilibrio: tendo en conta peso, lonxitude e tamaño.
  • Figuras xeométricas: as de Calder teñen unha característica especial.
  • Simetrías.

 

As creacións dos alumnos son as seguintes:

grupo móviles calder2

móviles colgantes

móviles stabiles

20170602_091335 20170602_091412  20170602_091440  20170602_091530  20170602_091617   20170602_091734

20170602_091929   20170602_092026   20170602_092114   20170602_092300   20170602_092422   20170602_092647   20170602_092819   20170602_093110   20170602_092750   20170602_093206   20170602_093341   20170602_093459   20170602_093527

Ferramenta 2.0 para crear móbiles:

Mobile Maker

 

 

Jun 02

MANNEQUIN CHALLENGE

Con Calder, tamén se pode facer un mannequin challege:

Jun 01

Poemando con…Yolanda Castaño

Unha poetisa con todas as letras: máxica. So pensar en todos os lugares aos que viaxou levando as súas verbas, rimando en galego, por suposto, amosando ledicia e deixando inspiración.

 

20170509_101608 20170509_103515 20170509_111011

Con ela traballaron a construción dun poema….con METÁFORAS.

Encheron o encerado con frases metafóricas,

E despois, foron unindo as que rimaban…

20170601_124650

_Fantástico!!!