GUÍA PARA RESUMIR

Pasos para facer un bo resumo.

Un resumo é un texto que transmite a información doutro texto, pero de forma breve. Só reproduce as ideas principais e deixa fóra ideas que non son tan importantes.   

Un resumo serve para repasar rapidamente.

Pasos:

  1. Ler o texto para ter unha visión xeral do que di.
  2. Ler outra vez o texto detidamente e subliñar a información máis importante.
  3. Analizar como é o texto, a súa estrutura.
  4. Argumentos principais (temas destacados).
  5. Realizar unha pequena redación que recolla as ideas principais do texto pero coas nosas palabras.
  6. Un resumo sempre será máis curto que o texto orixinal. Unha cuarta parte, aproximadamente.
  7. Revisar.

Débense evitar, cando fagamos o resumo, frases como:

  • Isto é un resumo de…
  • O autor do texto di que…

Tampouco non se debe copiar oracións do texto orixinal.

Un resumo ben feito debe responder ás seguintes cuestións:

  • Cal é o tema principal.
  • Onde e como se desenvolve este tema.
  • Cales son as ideas secundarias do texto.
  • As ideas principais e as secundarias están relacionadas entre elas.
  • Cal é a conclusión do texto.

Deja un comentario

Your email address will not be published.