O PREFIXO ARBITRARIO (xogos coa lingua)

No sentido fantástico, un modo de facer que as palabras sexan máis produtivas é deformalas. A clave deste xogo está no uso dun prefixo.

Cun des xa podemos transformar un “colgador” , obxecto común para pendurar a roupa, nun “descolgador”, que serve para descolgala, nun país de escaparates sen cristais.

Superman xa existe e é un caso clarísimo de aplicación do “prefixo arbitrario”.

Así que poñédevos a lembrar os distintos prefixos:

bi-      tri-       micro-      mini-        maxi-       semi-       anti-

para crear novas palabras:

     bipluma              trivaca             microhipopótamo             minirrañaceos             minicaixón                             maximanta                                     semifantasma     

…e con esas palabriñas novas….crear unha pequeña historia onde expliquedes o significado e utilidade dese novo vocablo.

 

16 comentarios

Ir al formulario de comentarios

  1. bísílaba, trisilaba, microbio, minifalda, maxigrande, semicírculo,antifaz.
    Fai moito tempo nun pequeño país vivía un microbio que levaba posto unha minifalda e un antifaz cando se dirixía a un semicírculo maxigrande . Neste pequeno país vivían, entre outros moitos seres, moitas palabras monosílabas ,bisílabas e trisílabas e todos estes seres vivían felices alí e así ian pasando os días.

  2. Microscopico,triavión,bisófia,maxidedo,minicolexio,semirata,antiodio. O antiodio foise a sacalo odio,o enfado a semirata e ao maxidedo.
    O microscopio sempre emprega a súa lupa para lanzalos seus pedidos.
    O triavion é o profesor mais malo do minicolexio e a bisófia.

    • michael on 20 febrero, 2014 at 12:40
    • Responder

    Un dia cambiáronme un súpercromo e era súperchulo non sabía se quedarmo ou non e cambialo por un mellor e despoís non o cambiei.

    • eric on 20 febrero, 2014 at 12:41
    • Responder

    Meu microhipopótamo está na súa micropecera que me regalou a miña bisavoa.

    • eli y lara g on 20 febrero, 2014 at 12:43
    • Responder

    No maxiarmario teño unha microxirafa e na bañeira un semitriángulo.
    Na cociña, no desconxelador atopei unha biestrela e un minilibro.
    Na micropeceira do salón había uns semipeixes.

  3. ANTIENEMIGAS.
    Erase unha vez unha nena que tiña unha ANTIENEMIGA, eso inventarono unha vez que estaban xuntas ela mais a sua amiga no parque. Decidiron que as ANTIENEMIGAS eran dúas amigas inseparables que como nunca na súa vida se enfadaran decidiron pois inventar as ANTIENEMIGAS. E así e como ainda agora, inventárono cando tiñan 6 aniños e agora teñen 10, seguen cumprindo aquela promesa que fixerón xa fai tempo.

    • ana m on 20 febrero, 2014 at 12:45
    • Responder

    Eu o outro día vin unha trivaca, era moi rara, guai! pero perseguíume por todas partes, pero acercouse un cabalo e o cabalo pisoulle a pata e marchou correndo.

    • breixo on 20 febrero, 2014 at 12:46
    • Responder

    Bistía, supermercado e microsalchicha.

    Un día fun a casa da miña bistía e mandoume por unhas microsalchichas
    ao supermercado; cando volvín, asámolas e comímolas.

    • lia y uxia on 20 febrero, 2014 at 12:47
    • Responder

    Entre Lia e Uxia: microordenador, triastro, maxiventana, minicastillo, semidragón, antifeos.

    O triastro andaba co microordenador mentres na maxiventana o semidragón espantaba aos antifeos.

    • david.r on 20 febrero, 2014 at 12:47
    • Responder

    Onte metin un súpertriple inolvidable e foi con unha súperpresion
    que estabame volvendo tolo.

    • carmen on 20 febrero, 2014 at 12:47
    • Responder

    miniporta,microlibro,semiprofe,maximesa

    Cando entrei pola miniporta da aula collin o meu microlibro que estaba encima da maximesa senteime e púxenme a atender a semiprofe.

    • matias on 20 febrero, 2014 at 12:54
    • Responder

    Biscervexa bischampan superchurrasco .

    Un bo dia de verán fumos comer un superchurrasco a casa dun amigo, meu pai tomou biscervexa e o pai do meu amigo bischampan e despois comimos o superchurrasco.

    • paloma on 20 febrero, 2014 at 12:57
    • Responder

    maxizolóxico ,microrá,triestanque , minipersoa ,superentrada

    A minipersoa comprou unha superentrada para ir visitar o maxizolóxico e viu unha microrá saltando nun triestanque.

  4. TRIMUNDO
    Un día nunha escursion dinme conta de que existían mais dun mundo e chameino TRIMUNDO.A verdade e que era moi interesante, e pensei que de maior seria moi pero que moi boa idea ser astrónoma e viaxarei ao TRIMUNDO.

    • alba on 20 febrero, 2014 at 14:05
    • Responder

    No meu minicaixon, metin dous miniszapatos, nos meus zapatos, dous calcetíns e nos meus cacetins dous malos olores.

    • ANA F. on 20 febrero, 2014 at 16:57
    • Responder

    Un día lin un conto que decia asi:
    Un neno chamado Manuel atopou no deserto unha minilámpada,e limpouna.Ao frotala saiu un maxixenio e concedeulle un trideseo,el dixo que so queria un pero que non se esgotase,ese era…
    -Un antienfados-dixo el
    -Un antienfados?Non prefires ser rico?-respondeu o maxixenio
    -Non,quero ser desambicioso-dixo o neno
    -Estou supersorprendido-dixo o maxixenio
    e os dous fixéronse amigos.

Deja un comentario

Your email address will not be published.