II LALÍN EN VERSO

Continuando co traballo que xa comenzaramos no curso pasado, “Lalín en verso”, volvemos introducir a poesía nas nosas aulas, e fóra delas.

Desde o CEIP Xesús Golmar, o grupo de 4ºA, adicouse á preparación e difusión de poemas.

Moitas das creacións poéticas ían ao mesmo tempo do lado doutras actividades, pois non só se copiaron e crearon versos, senon que se puxeron a disposición das outras aulas e da Biblioteca, formando parte dos fondos para lectura. Algunhas poesías foron especialmente elaboradas para algún acontecemento: 150 anos de Alicia no país das Marabillas, Manuel María e as Letras Galegas.

A casa da poesía

Empezamos facendo libros acordeón (plegado de cartulinas) e pegando poesías copiadas ou feitas polos alumnos.

20160525_154204 b20160519_131717

 

 

 

 

 

 

 

Moitas delas facían referencia a Manuel María, homenaxeado polas Letras Galegas 2016.20160519_131746

Postais poéticas

Partiron de modelos de tarxetas que viron en revistas ou libros de maualidades, onde despois se traballaba coa técnica do “scrapbooking” (técnica para personalizar álbumes, libros ou libretas).

Por grupos, organizáronse para traer materiais diversos que puideran empregar para decorar as tarxetas.

20160420_173027 b

20160525_154414 b

20160525_154403 b

Coa Lúa e as nubes

Aproveitando os poemas de Manuel María, dúas alumnas decidiron crear unhas poesías móbiles que decoran o corredor das nenas e nenos de infantil:

20160518_133103 b 20160518_133100 b

Alicia e a poesía

poesía alicia poesía raiña

 

Deja un comentario

Your email address will not be published.