O 10 de novembro é o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento.
Non quixemos ser menos e puxemos o noso esforzo e interés en amosar algúns experiementos sinxelos que primeiro preparamos na casa e, despois de moitos nervios, expuxemos na aula.
Houbo de case todo: lámpadas de lava, catapulta vikinga, moeda que desaparece, plastilina caseira…Pero en todas houbo unha explicación, porque facer por facer, non era o trato.
Os cambios de presión, as densidades, as forzas, a capilaridade….
Outros sitios onde podedes ver e aprender sobre a experiencia da ciencia….