BELÉN MARIÑO TABOADA

Mestra de Educación Especial, pero exercendo na Educación Primaria. Con gran curiosidade e interese de aprender continuamente, igual que os nenos. Así como nas novas tecnoloxías...actualizándome diariamente.

Entradas más comentadas

  1. TURISMO PARA GALICIA — 18 comentarios
  2. UN PASEO POLO DICIONARIO (xogos coa gramática) — 17 comentarios
  3. QUE SEREI DE MAIOR? — 16 comentarios
  4. O PREFIXO ARBITRARIO (xogos coa lingua) — 16 comentarios
  5. ADIVIÑA — 15 comentarios

Author's posts

Feb 23

ROSALÍA DE CASTRO PARA TODAS E TODOS

Incluimos este ano na conmemoración de Rosalía de Castro novidades inclusivas. Para ver, pica no enlace do novo blogue “Bule bule na escola”

Ene 09

TÍTERES: O XIGANTE E O GOLFIÑO

Desfrutamos coma nenos, nunca mellor dito. Fomos ao Pazo de Liñares a coñecer a nova posta en escea de Fantoches Baj, “O xigante e o golfiño”….preciosa.

Ene 08

PROXECTO ETWINNING “PINCELADAS MATE+TIC Y ARTE”

Este ano participamos no proxecto etwinning “Pintando las mates con mucho arte”. Nel colaboramos varias mestras de distintos países achegando a arte cun enfoque matemático e obtendo un resultado que poderemos intercambiar entre o alumnado.     Os recursos son moi variados para introducirnos nos distintos pintores: Andy Warhol, Piet Mondrian y Matisse. Neste primeiro …

Continuar leyendo »

Ene 08

DIORAMAS

Un diorama é un tipo de maqueta que ensina figuras humanas, vehículos, animais ou incluso seres imaxinarios como punto principal da súa composición, presentados dentro dun entorno e co propósito de representar unha escea. Componse de varios fondos e en cada un deles colocamos un elemento do conxunto. Os alumnos elaboraron o seu a partires dunha …

Continuar leyendo »

Ene 08

CORAL INFANTIL

Pablo, compi da nosa aula, participa na Coral Infantil de Lalín…e faino moi ben. Puidemos velo actuar e é unha marabilla!

Ene 08

CONCURSO DA TVG

Uns cantos alumnos da nosa aula participaron no concurso da TVG “Coma un allo”, de onde viñeron gañadores e moi ilusionados coa experiencia. Noraboa Fátima, Xián, Pablo, Lois e Martín!!!        

Ene 08

SAMAÍN EN IMAXES

No Samaín:              photocoll de medoooo!!!

Jun 02

MÓBIL CON CALDER

Calder continuou construindo xoguetes toda a súa vida pero a partires da década dos trinta empezou a interesarse por un arte abstracto de formas e figuras xeométricas adaptando algúns dos principios estilísticos de Joan Miró, Jean Arp e Piet Mondrian para desde eles construír a súa propia identidade. Primeiro na pintura, despois na busca dunha pintura abstracta …

Continuar leyendo »

Jun 02

MANNEQUIN CHALLENGE

Con Calder, tamén se pode facer un mannequin challege:

Jun 01

Poemando con…Yolanda Castaño

Unha poetisa con todas as letras: máxica. So pensar en todos os lugares aos que viaxou levando as súas verbas, rimando en galego, por suposto, amosando ledicia e deixando inspiración.   Con ela traballaron a construción dun poema….con METÁFORAS. Encheron o encerado con frases metafóricas, E despois, foron unindo as que rimaban… _Fantástico!!!