Category: NOTICIAS

Ene 29

NA BUSCA DUN SINAL

Seguen buscando os restos de Miguel de Cervantes Saavedra, autor da mundialmente coñecida obra “Don Quijote de la Mancha”. Segundo os últimos achazgos, agora teñen que comrpobar se os ósos atopados pertencen ao escritor, pero están moi deteriorados.  

May 28

SOBRE OS LIBROS DIXITAIS

Xurde a polémica…xa que a nova lei educativa pretende aumentar as competencias dixitais dos alumnos e alumnas. E dos mestres. Pero, permitirá dita lei que o material e recursos dos que dispoñamos sigan esa liña? No seguinte artigo temos unha opinión que nos fai pensar…  

May 14

DE QUE FALAMOS ESTES DÍAS…

As noticias saltan de mesa en mesa, cada un aporta aquela nova que lle chaman a atención. E non son poucas… A contracción dos glaciales da Antártida é «irreversible» e «imparable», segundo a NASA Nacen dúas xemelgas collidas da man Os xuíces estudan se facilitan aos cegos o acceso á profesión Eurovisión 2014: Conchita Wurst, …

Continuar leyendo »

May 07

ATENTADO CONTRA A NATUREZA

“Persoas descoñecidas atacaron con pintura amarela ao Avó, un dos exemplares arbóreos máis singulares de Europa, situado no Souto dá Retorta, en Viveiro, que é un dos sete espazos galegos que están considerados monumento natural”. La Voz de Galicia, 6-5-14 Como é posible que non teñan respecto da Natureza? Pero, sobre todo, desa Natureza que leva …

Continuar leyendo »

Abr 07

UNHA NOVA ILLA

No Mar de Xapón acaban de admirar o nacemento dunha nova illa. Ao principio era un volcán en erupción continua e violenta. Todo isto nun lugar que sempre destacou pola actuación da Natureza, polas características do seu océano e polos movementos sísmicos repetitivos. MIRA AQUÍ  

Abr 06

NAUFRAXIO EN ASTURIAS

Hoxe apareceu o último cadáver que faltaba do “Santa Ana” dende que afundira o 10 de marzo. A noticia tráxica do suceso chega á súa fase final con este rescate. Facemos un resumo do suceso cos titulares dos últimos días? Vamos alá. NAUFRAXIO SANTA ANA on Dipity.

Mar 24

AS NOTICIAS DE MARZO

Imos ir deixando neste mural as noticas máis salientables deste mes…. Foron moitas, dende o Entroido, o remate dos temporais, Rusia & Ucraína….     Consiste en escribir nunha notiña a noticia que vos gustou, que vos chamase a atención, da que máis se falou…. Ánimo reporteiros!  

Mar 06

OS DESASTRES DO TEMPORAL

Despois de dous meses e medio vendo voar, escoitando zoar e sentindo bruar…o vento, por fin, quixo descansar. Pero os danos producidos polos distintos temporais que pasaron polo país, e que tanto se sentiron en Galicia, deixan imaxes cando menos impactantes: clica   Entrar nas casas, levantar muros, desprazar praias e ata romper un faro, …

Continuar leyendo »

Feb 27

RUSIA ENFÁDASE CON UCRAÍNA

Nas últimas semanas escoitamos e lemos noticias sobre acontecementos violentos en Ucraína. UCRAÍNA foi un territorio que pertenceu a URSS (como se chamaba antes Rusia), que dende 1991xa é independiente, pero sempre coa mirada de Rusia sobre eles. É dicir, seguían baixo a súa presión. Xa hai tempo que os habitantes de UCRAÍNA queren pertencer …

Continuar leyendo »

Feb 21

TRABALLO BEN FEITO

Hai uns días fixéstedes un traballo relacionado coa nosa comunidade: “Turismo para Galicia”. Pois ben, ese labor foi recoñecido pola Consellería de Educación, máis directamente por unha comunidade chamada ESPAZO ABALAR onde as tarefas realizadas a través do ordenador e da rede son destacadas e agradecidas polo esforzo que vos supón a vós, como alumnos/as, …

Continuar leyendo »