Tag: ciencia

Abr 10

A ARTE E A CIENCIA: CALDER

Un dos artistas que xa vimos é Alexander Calder. Escultor do movemento. Xa sabemos que un artista pode ser científico pola exactitude das súas obras, pola visión que ten e pola presentación da obra. No seguinte enlace, dun blog, fálase deste artista. Lembremos un pouco a súa obra:

Abr 10

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS

Imos comezar unha nova fase a través do noso blog. Podemos chamarlle sección, apartado, clases…pero o que non cambia é a temática: CIENCIA. De vez en cando, deixarei vídeos ou documentos con experimentos que podedes levar a cabo na casa…e algúns farémolos na clase. Aquí queda o primeiro:

Abr 10

PROXECTO CIENTÍFICO

Abr 07

UNHA NOVA ILLA

No Mar de Xapón acaban de admirar o nacemento dunha nova illa. Ao principio era un volcán en erupción continua e violenta. Todo isto nun lugar que sempre destacou pola actuación da Natureza, polas características do seu océano e polos movementos sísmicos repetitivos. MIRA AQUÍ  

Abr 03

ARTE E CIENCIA

Quenes poden der científicos? Os físicos?      Os biólogos?       Os astronáutas? E os pintores?    Ou os escultores? Despois de ver esta presentación….xa me contaredes….

Mar 20

DÍA MUNDIAL DA AUGA

O 22 de marzo conmemórase o Día Mundial da Auga.         Que sabemos da auga? Que aprendimos ó beber, ó nadar, ó sudar, ó chorar, ó mirar como pasan as nubes, ó ducharnos, cando chove, cando se disolve o sal, cando rompen as ondas? Con esta data debemos pararnos a pensar sobre …

Continuar leyendo »

Mar 14

HOXE É O DÍA DE …

Mar 14

A NANOTECNOLOXÍA

Nos últimos anos, unha ciencia está xurdindo con moita forza: a nanotecnoloxía. Cada vez a tecnoloxía intenta miniaturizar máis as pezas, sen embargo esta nova disciplina emprega unha técnica distinta: explora mecanismos  e fenómenos e xúntanse coa tecnoloxía actual para crear sistemas novísimos. Con isto preténdese deseñar pezas minúsculas dende o principio e, a partir …

Continuar leyendo »

Mar 06

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Por que se lle adica un día á muller cando é protagonista durante todo o ano?? Nós ímoslle adicar o 8 de marzo: Día da Muller a todas as mulleres científicas. Para iso, escollede unha e deixade os seus datos neste mural: Explícoche como se fai? Só con facer doble clic, permitiráche engadir un post, …

Continuar leyendo »

Feb 27

ADIVIÑA