Tag: divertimento

Mar 24

SALÓN DO LIBRO

Para os que queirades dar un paseo por Pontevedra… Salón do Libro Infantil e Xuvenil

Nov 24

BÚSCALLE A LÓXICA 6

Desta vez vou propoñer dous acertixos, a ver que tal vos vai.   1.- Subín a unha cerdeira onde cereixas había, e cereixas non collín, e cereixas non deixei. Cantas cereixas tiña a cerdeira?   2.- Esta mañá caéuseme un pendente no café. E aínda que a taza estaba chea, o pendente non se mollou. …

Continuar leyendo »

Nov 10

BÚSCALLE A LÓXICA 5

A MEDIDA DO TEMPO Tes dous reloxos de area, un de 3 minutos e outro de 4 minutos. Que e como farías para medir 5 minutos? tic, tac, tic, tac, tic, tac…

Oct 27

BÚSCALLE A LÓXICA 4

Resolve…se podes…. “Un can perigoso está atado a unha árbore cunha corda de 4 metros de longo. Un vento tolo quitoume o sombreiro que foi parar a 2 metros da árbore. Sen máis que o meu inxenio, como fixen para recuperar o sombreiro?”

Oct 12

BÚSCALLE A LÓXICA 3

Poderedes resolver este acertixo…? “A nai de Carliños ten cinco fillos: Pa, Pe, Pi, Po e… Como se chama o quinto?”

Oct 07

BÚSCALLE A LÓXICA 2

Outro traballo deductivo: “O problema da carreira de atletismo” Catro corredores de atletismo participan nunha carreira. Sábese que Carlos chegou inmediatamente detrás de Bartolomé, e Dimas chegou no medio de Anxo e de Carlos. Di a orde de chegada dos corredores.

Oct 03

BÚSCALLE A LÓXICA

Seredes capaces de resolver este pequeno enigma? “Marisa está sentada mirando como seu pai, xefe de estación, traballa dirixindo o tráfico ferroviario. Dende o seu asento ve como un tren está a piques de saír. De repente, ela dase conta de que, na saída da estación, un cambio de agullas está colocado incorrectamente e que …

Continuar leyendo »

Sep 19

FESTA FIN DE CURSO E PREMIO

Ata que chegamos alí e vimos que todo era verdade! Foi unha gran festa, o noso premio fin de curso. Tivemos que esperar un pouco nas colas para subir aos inchables, pero a verdade e que mereceu a pena.   karting – foto montaje