Samaín
Lunes, febrero 2nd, 2009SAMAÍN
O día de Samaín
pola noite eu saín,
quería dar unha volta
e olvideime de pechar a porta.
Cando volvín para a casa,
unha voz díxome: pasa!
un tremor sentín no corpo!
parecíame a voz dun morto!
Eu entrei pouquiño e pouco..
todo escuro! todo negro!
ahi meu Deus! que medo teño!
Un golpe detrás da porta,
os meus ollos arripiados,
era a cabaza máxica
dando berros despiadados.
O día de Samaín,
as portas as de pechar
se non queres arripiar
os teus pelos coma min.
Preparándonos para o recital