Archive for abril, 2010

Entrevista con Ramona Pensado, xornaleira

viernes, abril 30th, 2010

Ramoniña Pensado: “Teño 88 anos e sigo traballando coma sempre”

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Agricultora tradicional da ría de Noia

martes, abril 27th, 2010

Ramoniña Pensado

Ramoniña sachando o cebolo

Durante a entrevista que lle fixemos a Ramoniña Pensado contounos que ten 88 anos e que leva traballando toda a vida nas leiras e que aínda sigue traballando coma sempre. Ela cultiva ás verduras e patacas para comer toda a súa familia e tamén amigos. Nunca lle bota cousas compradas ás leiras senon que abona con esterco dos animáis que ten na casa.

Entrevista a Ana Romaní

martes, abril 27th, 2010

 

Este ano aprendín de memoria unha parte do poema de Ana Romaní para recitar no festival de poesía da biblioteca. Despois fíxémoslle unha entrevista á poeta para preguntarlle polas mulleres das que fala no poema. Ela dí que camiñan descalzas polas rochas e que hai pantasmas. Aquí tendes a entrevista:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Angelita no xornal

viernes, abril 23rd, 2010

Querida   Angelita :

Pasámolo   moi ben   cas túas  historias estupendas sobre   as  empanadas.

As   túas   empanadas   son  marabillosas e a mín gústanme todas moito: a empanada de bacalao, de pulpo,  de carne, de mexillóns, de berberecho de millo, de  xoubas, de   sardiña, empanada   de   raxo, de   atún de   bonito…tantas empanadas que no me extraña que veña tanta xente a Noia só para comelas.

HOxe sales no xornal de La Voz de Galicia e fíxonos moita ilusión verche tan ben.

Ata pronto!

Angelita no xornal

Paxaros da ría

martes, abril 20th, 2010

Lavandeira sen pintar

Lavandeira pintada con témperas

Estes paxaros que vedes aquí e que fomos a quitarlle fotos á ría, chámanlle lavandeiras. Son moi bonitas e cando vamos a velas danlle ao rabo. Nunca están quietas.

Ana Romaní

viernes, abril 16th, 2010

 

Ana Romaní: ” As mulleres de Das últimas mareas fan traballos coma fregar a louza, dar clase, coidar enfermos, escribir poesía…poden ser calquer muller.

A poeta Ana Romaní

 

Magnolios de Noia

martes, abril 13th, 2010
Felipe de Castro protexido polos magnolios

Follas e froito do magnolio

Folla,froito e semente na aula