Â
O xornal é un medio de comunicación excelente que nos permite manternos informados e coñecer o que sucede na nosa contorna. Por iso, na aula especÃfica do IES Campo de San Alberto, os e as alumnas aproveitan este medio para desenvolver as clases. O alumnado mantense informado sobre o que pasa en Noia e familiarÃzase cos distintos axentes sociais e culturais que conforman a vila.
A tarefa que desenvolven diariamente consiste en que cada alumno e alumna escolle unha noticia da sección do Barbanza, preferiblemente referida a Noia. De seguido, copian o LID da noticia nun caderno que teñen para o traballo co xornal. A continuación, saen a falar da súa noticia onde nos fan un breve resumo explicitanto o motivo da escolla e dando a súa opinión sobre a mesma. Despois de lerlle a noticia aos compañeiros e compañeiras estos falan, preguntan e debaten sobre a mesma. Esta tarefa faina cada alumno e alumna. Finalmente, como traballo no caderno responden a unhas preguntas que o mestre lles pon para profundizar na noticia e fan un debuxo da mesma.
A última parte da actividade serÃa mecanografÃar o texto do caderno e editalo no blog que están a ler. Isto necesita tamén crear vÃnculos coa noticia da Voz de Galicia por se os lectores queren toda a información.
Isto é todo canto facemos. O resultado poden velo neste blog, pero ao longo do proceso son moitas as competencias que o alumnado desenvolve, de moita máis importancia có resultado visible.