O Grumir de Noia

GRUMIR de Noia

Ten a súa sede no edificio municipal situado no polígono industrial de Augalevada. A estrutura de persoal de Protección Civil de Noia é a seguinte:

Xefe de Protección Civil.

Tres membros estables financiados polas consellerías de Medio Ambiente e obras públicas. E Medio Rural
Grumir (Grupo Municipal de Intervención Rápida). A Grumir de Noia está composta por tres oficiais e doce peóns que eran financiados ata agora pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.

Este corpo conta con tres camións de bombeiros, un vehículo urbano lixeiro, dous todoterreos e dúas zódiacs. Ademais dispón de desfibrilador e tamén equipo de excarcelación, entre outros medios.
O Concello de Noia conta tamén coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, unha asociación de voluntarios composta por 46 integrantes e que colabora na seguridade co concello.

Teléfono de Contacto: 981 82 42 22

Emerxencias: 112
web:http://noia.e.telefonica.net
Correo electrónico: pcnoia@terra.es

One Response to “O Grumir de Noia”

  1. marcoscalaza16 dice:

    Vexo que traballaches moito nesta entrada e utilizaches unha fonte moi fiable para informate. Noraboa!

Leave a Reply