Archive for junio, 2014

Martiño e os zombis

lunes, junio 9th, 2014

Martiño era un rapaz de 12 anos alegre e deportista. Non era nin alto nin baixo, con pelo e pel escuros.

Este mes de outubro estaba inquedo, máis ben desde finais do mes de agosto, pois comenzaba o primeiro curso de ESO no instituto e tiña que ir a outro pobo, coller o autobús diaramente e viaxar media hora, percorreer algunhas rúas aínda descoñecidas, e volta ao mesmo.

Por se non tiña suficiente, na súa aula, non había ningún do seu pobo, non coñecía a ninguén.

Un día que faltou a profesora de matemáticas, Martiño foi a biblioteca do instituto a facer os deberes. Cando estaba facendo as

tarefas mirou para os estantes da parede e decatouse de que os libros tiñan ollos.

– Isto é imposible- pensou.

Volveu a mirar agora xa non tiñan ollos, senón tamén, tiñan boca, e horrorosa, chea de dentes podres.

Volveu ás súas tarefas, pero a curiosidade picoulle e mirou de novo cara os libros :  tiñan pés e mans!!

Comenzou a asustarse, mirou para todos lados da bibíoteca e estaba só, nin ta sequera a profesora encargada da biblioteca

estaba. Sentiu medo, as verbas  non lle saían da súa gorxa, quería gritar pero non era capaz, volveu a mirar e os libros saían

dos seus andeis e viñan con cara el con moi malas intencións, eran libros – zombis, pero o peor é que detrás tamén estaban

os seus compañeiros de clase e os seus profesores que convertidos en zombis camiñaban detrás dos libros e lle gritaban:

– Martiño non escapes, ven con nós !!

Tiña que saír, tiña que escapar cando xa se lle acercaban moito puido por fin levantarse, poñer a chaqueta, coller a mochila, pero cando saía pola porta unha man agarrouno polas costas e díxolle:

– Martiño!! Martiño!! non marches, non se vai á escola en pixama- díxolle a súa nai.

Martiño de súpeto espertou, fora todo un pesadelo. Estaba en pixama cun anorak por riba e con mochila na porta da súa cas, pero como chegara ata alí sen espertar ??

     O autor é Antón Pérez Vázquez

E foi ganador de textos premiados no curso 2013-2014- 1º Ciclo da ESO

Dinaminación Lingüística e Equipo da Biblioteca

IES Campo de San Alberto –  Noia

http : // saedacuncha.wordpress.com/