Archive for the ‘Personaxes’ Category

Entrevista á nai de Paula por videoconferencia

martes, abril 24th, 2012

Entrevista feita na Aula Específica á nai de Paula

O IES Campo de San Alberto organizou unha entrevista por videoconferencia coa nai  Paula. Alumnado do instituto, entre os que se atopaban os redactores deste Blog, utilizou as instalacións da Aula Específica para poñerse en contacto coa familia de Paula, que estaba en Alemania. A entrevista será publicada na revista do centro: Entrepontes. Esta foi unha das actividades vinculadas á campaña de axuda a Paula organizada por toda Galicia, da que recopilamos todas as noticias relacionadas que se publican en La Voz de Galicia, e das que facemos eco neste blog.

Un sáudo e unha gran aperta a Paula, de parte de Martín, Rebeca, Luís, Sergio e Maite.

Entrevista ao alcalde de Noia Rafael García Guerrero

viernes, mayo 14th, 2010

Fai xa tempo que fomos falar co alcalde. Pasámolo moi ben porque é moi simpático, como podedes ver na foto:

Eso foi durante a entrevista que podedes ler aquí:

Entrevista a Ana Romaní

lunes, mayo 10th, 2010

Ana Romaní é unha poeta da que lemos varias poesías na clase. É de Noia e falamos con ela na Tasca Típica. O que falamos está na entrevista que mandamos á Voz de Galicia:

Entrevista a Ramoniña Pensado, xornaleira noiesa

viernes, mayo 7th, 2010

O pasado venres enviamos todos os nosos traballos ao concurso de La Voz de Galicia. Este que fixen eu foi unha entrevista na que falei con Ramona Pensado, unha xornaleira que di que agora as cousas teñen máis química:

Entrevista a Angelita das Empanadas

lunes, mayo 3rd, 2010

Acabamos por fin a primeira entrevista para enviar á Voz de Galicia. Fixémoslla a Angelita Salgueiro, á que todo o mundo conoce como Angelita das Empanadas en Noia. A continuación podedes leela:

Entrevista con Ramona Pensado, xornaleira

viernes, abril 30th, 2010

Ramoniña Pensado: “Teño 88 anos e sigo traballando coma sempre”

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Agricultora tradicional da ría de Noia

martes, abril 27th, 2010

Ramoniña Pensado

Ramoniña sachando o cebolo

Durante a entrevista que lle fixemos a Ramoniña Pensado contounos que ten 88 anos e que leva traballando toda a vida nas leiras e que aínda sigue traballando coma sempre. Ela cultiva ás verduras e patacas para comer toda a súa familia e tamén amigos. Nunca lle bota cousas compradas ás leiras senon que abona con esterco dos animáis que ten na casa.

Entrevista a Ana Romaní

martes, abril 27th, 2010

 

Este ano aprendín de memoria unha parte do poema de Ana Romaní para recitar no festival de poesía da biblioteca. Despois fíxémoslle unha entrevista á poeta para preguntarlle polas mulleres das que fala no poema. Ela dí que camiñan descalzas polas rochas e que hai pantasmas. Aquí tendes a entrevista:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Angelita no xornal

viernes, abril 23rd, 2010

Querida   Angelita :

Pasámolo   moi ben   cas túas  historias estupendas sobre   as  empanadas.

As   túas   empanadas   son  marabillosas e a mín gústanme todas moito: a empanada de bacalao, de pulpo,  de carne, de mexillóns, de berberecho de millo, de  xoubas, de   sardiña, empanada   de   raxo, de   atún de   bonito…tantas empanadas que no me extraña que veña tanta xente a Noia só para comelas.

HOxe sales no xornal de La Voz de Galicia e fíxonos moita ilusión verche tan ben.

Ata pronto!

Angelita no xornal

Ana Romaní

viernes, abril 16th, 2010

 

Ana Romaní: ” As mulleres de Das últimas mareas fan traballos coma fregar a louza, dar clase, coidar enfermos, escribir poesía…poden ser calquer muller.

A poeta Ana Romaní