Archive for the ‘Deseño’ Category

UN NADAL DE CORES: FELIZ ANO 2012

martes, diciembre 20th, 2011

Postal feita por nos para felicitar o Nadal

Para estas festas desexámoslles a todos un NADAL DE CORES:

– BO NADAL! FELIZ 2012. COMEDE MOITAS CENTOLAS E POLBO. (MARTÍN)

– OS  ALUMNOS  DO  INSTITUTO DO  IES CAMPO  DE  SAN  ALBERTO DESEXAMOS BO NADAL  E  PRÓSPERO ANO.   COMEDE   O  BOGAVANTE  E DEMAIS. UN  SAÚDO PARA TODOS  OS  QUE  ESTEADES NA CASA.  (REBECA)

– BO NADAL A TODOS E FELIZ ANINOVO! (LUIS)

– COMEDE MOITO TURRÓN Y PANETTONE¡ BO NADAL E FELIZ ANO 2012! (MAITE)

– FELIZ NADAL! QUE COMAN BEN OS LANGOSTINOS E OS TURRÓNS E QUE BEBAN POUCA SIDRA. PASA BO NADAL E FELIZ ANO 2012. UN SAÚDO DE TODOS! (SERGIO)

O Nadal adorna a nosa aula

martes, diciembre 20th, 2011

As nosas gañas de traballar

Os días previos a esta festividade sempre é especial nos centros educativos. Por iso, empezamos a adornar a clase para enchela de espíritu navideño. Traballamos a reo para que a nosa clase provocara un grato impacto visual a todos cantos nos visiten. De momento mostramos a árbore e máis as nosas gañas de traballar, continuará…

Árbore de nadal

Subindo de nivel: as virtudes dun estudante

miércoles, diciembre 14th, 2011

Pinza e coordinación

Coordinación e paciencia

Equilibrio e imaxinación

Esta actividade requiriu unha progresión de traballo, pero o resultado mereceu a pena. Senón miren na segunda foto a última figura xeométrica e verán a dificultade da tarefa. O esforzo fai posible grandes éxitos: o dominio da coordinación, a precisión e a paciencia son bens moi importantes en calquera persoa. Ademais, se hai felicidade témolo todo!

Fabricando un coche

miércoles, diciembre 14th, 2011

 

Coche de figuras xeométricas

Sergio e Luís logran fabricar un coche de figuras xeométricas con moita coordinación, precisión  e  imaxinación.