Martiño era un rapaz de 12 anos alegre e deportista. Non era nin alto nin baixo, con pelo e pel escuros.
Este mes de outubro estaba inquedo, máis ben desde finais do mes de agosto, pois comenzaba o primeiro curso de ESO no instituto e tiña que ir a outro pobo, coller o autobús diaramente e viaxar media hora, percorreer algunhas rúas aínda descoñecidas, e volta ao mesmo.
Por se non tiña suficiente, na súa aula, non había ningún do seu pobo, non coñecía a ninguén.
Un día que faltou a profesora de matemáticas, Martiño foi a biblioteca do instituto a facer os deberes. Cando estaba facendo as
tarefas mirou para os estantes da parede e decatouse de que os libros tiñan ollos.
– Isto é imposible- pensou.
Volveu a mirar agora xa non tiñan ollos, senón tamén, tiñan boca, e horrorosa, chea de dentes podres.
Volveu ás súas tarefas, pero a curiosidade picoulle e mirou de novo cara os libros : tiñan pés e mans!!
Comenzou a asustarse, mirou para todos lados da bibíoteca e estaba só, nin ta sequera a profesora encargada da biblioteca
estaba. Sentiu medo, as verbas non lle saían da súa gorxa, quería gritar pero non era capaz, volveu a mirar e os libros saían
dos seus andeis e viñan con cara el con moi malas intencións, eran libros – zombis, pero o peor é que detrás tamén estaban
os seus compañeiros de clase e os seus profesores que convertidos en zombis camiñaban detrás dos libros e lle gritaban:
– Martiño non escapes, ven con nós !!
Tiña que saír, tiña que escapar cando xa se lle acercaban moito puido por fin levantarse, poñer a chaqueta, coller a mochila, pero cando saía pola porta unha man agarrouno polas costas e díxolle:
– Martiño!! Martiño!! non marches, non se vai á escola en pixama- díxolle a súa nai.
Martiño de súpeto espertou, fora todo un pesadelo. Estaba en pixama cun anorak por riba e con mochila na porta da súa cas, pero como chegara ata alí sen espertar ??
O autor é Antón Pérez Vázquez
E foi ganador de textos premiados no curso 2013-2014- 1º Ciclo da ESO
Dinaminación Lingüística e Equipo da Biblioteca
IES Campo de San Alberto – Noia
http : // saedacuncha.wordpress.com/