O noso proxecto

COÑECENDO A NOSA VILA

 

PROXECTO A DESENVOLVER POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DA AULA ESPECÍFICA DO IES CAMPO DE SAN ALBERTO DE NOIA.

1. OBXECTIVOS XERAIS:

  • DESENVOLVER AS COMPETENCIAS BÁSICAS DO ALUMNADO DA AULA ESPECÍFICA.
  • ATENDER Á DIVERSIDADE: FACILITANDO A PARTICIPACIÓN ACTIVA DE TODO O GRUPO NUN PROXECTO COMÚN, CADA UN FACENDO APORTACIÓNS DE ACORDO ÁS SÚAS POSIBILIDADES.
  • FACILITAR A INTEGRACIÓN SOCIAL NO CONTORNO INMEDIATO.

2. OBXECTIVOS POR ÁREAS:

COÑECEMENTO DO MEDIO:

  • Explorar e coñecer o entorno social e natural máis inmediato.
  • Desenvolver relación sociais con outros nun entorno normalizado.
  • Coñecer e articular o comportamento as normas e valores do medio.

LINGUAS:

  • Utilizar a lingua eficazmente na actividade escolar tanto para buscar, recoller, seleccionar información coma para escribir textos sinxelos.
  • Desenvolver hábitos de escoita activa e estratexias de comunicación para entender e ser entendido.

EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL.

  • Valorar e compartir manifestacións artísticas do patrimonio cultural galego apreciando a súa beleza.
  • Coñecer algunha das profesións dos ámbitos artísticos interesándose polas características do traballo dos artistas e das artistas.
  • Familiarizarse co manexo da cámara dixital.

3. CONTIDOS:

  • Ø Personaxes importantes:

                        Angelita das empanadas

                        Alfonso Costa.

                        Ana Romaní

  • Ø Principais monumentos histórico artísticos:

                      Igrexa de San Martín.

                      Igrexa de santa Mª a Nova.

                      Igrexa de san Francisco.

                      Pazo gótico (tasca típica)

  • Ø Esculturas:

                      Avilés de Taramancos.

                      Felipe de castro

                       Mª Mariño

  • Ø Edificios civís:

                  Casa do concello

                  Biblioteca

                  Teatro Coliseo Noela.

  • Ø As árbores da alameda de Noia:

                 Catalogación: nome e características principais.

  • Ø Os paxaros mais abundantes en Noia:

                 Identificación e hábitat. Gaivota, corvo, urraca, pomba, garza e garceta.

4. ACTIVIDADES:

  • 1. Creación dun blog de aula onde se recollan todas as actividades.
  • 2. Elaboración dunha revista con tódolos traballos realizados.
  • 3. Dossier ca catalogación das árbores.
  • 4. Entrevista a Angelita das empanadas.
  • 5. Entrevista a Nacho Costa e visita ao seu estudio.
  • 6. Entrevista a Ana Romaní
  • 7. Fotografar os principais monumentos artísticos e civís así coma as esculturas e facer un dossier para   traballar na clase.
  • 8. Fotografar as árbores e iden.

5. EXTRATEXIA METODOLÓXICA

      A  estratexia didáctica consistiría fundamentalmente no seguinte: traballo de introdución na clase para     familiarizarnos co que queremos facer, preparación de preguntas, para a entrevista, busca de información en internet, lecturas sinxelas sobre o tema… unha vez feito isto saímos á rúa, ben a facer as entrevistas ou ben  a facer unha reportaxe fotográfica que servirá para situar os monumentos e apreciar as súas características así coma das árbores . Unha vez recollido este material volvemos a traballar na clase sobre el, introducindo no blog as fotografías, comentarios, entrevistas etc. Finalmente presentación do traballo realizado por cada un dos alumnos.

 
6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
            Nivel de satisfacción na realización de tarefas.
            Grao de desenvolvemento das competencias básicas.
            Grao de consecución de obxectivos propostos nas diferentes áreas.
            Grao de adquisición de coñecementos sobre a vila de Noia.
 

 

 

 

Leave a Reply