Adeus non, senón ata pronto
Hoxe, despois de moitos días sen aparecer, intentarei escribir un pouco.
Tras moitos esforzos e dedicación rematamos o curso (2ºBac), un curso longo e difícil, pero que ao final se ve recompensado non só polas notas, que son importantes, senón tamén polo apoio de todos os compañeiros e compañeiras que día a día comparten momentos felices e incluso non tan alegres.
Ademais, quero agradecer a todos os profesores polo seu traballo e sobre todo a aqueles, que aínda agora, fóra do horario escolar nos seguen dando clase, para que en Viveiro saquemos bos resultados.
En definitiva, grazas a todos e sobre todo non adeus, senón ata pronto.
2º BACH
Unha vez máis remataron os de 2º BACH o seu curso (preuniversitario cada vez menos). Unha cea ó borde da ría de Ribadeo, baixo as novas costelas do, xa vello, ponte dos santos. Tranquilidade, discurso de Senén aderezado coas contribucións do resto de compañeiros e facendo un esforzo mental para repetir algúns dos detalles e tics do profesorado ó longo destes tempos.
O único que cabe dicir é SORTE! porque nos tempos que corren nin a actitude nin o saber será suficiente para conseguir vivir como sempre se desexa a estas idades.
SORTE! pois para todos e sabede que sempre poderedes votar a vista atrás e recuperar a nostra memoria conxunta.
E noraboa especial para a nosa quasi incansable Lucía (luci) pola súa merecida matrícula de honra. E a Luisa, que aínda que non colaborou ten realizado tamén para maior gloria do Centro (e aproveitamento persoal) outras actividades. Sorte de novo e non só xustiza coma outras veces.
Obesidade infantil e anuncios de comida rápida
Un estudo revela que a prohibición en EEUU dos anuncios de “comida basura” en horario de programación infantil reduciría un 18% a cifra nenos de 3 a 11 anos con sobrepeso e un 14% a de adolescentes de 12 a 18 anos. O efecto é máis marcado nos homes que nas mulleres.
En caso de seguir esta liña, EEUU sumaríase a Suecia, Noruega e Finlandia como únicos países que prohibiron o patrocinio comercial nos programas infantís.
Levántase a voz para reclamar a redución do contido de graxas nas comidas escolares, que non se vendan bebidas e alimentos pouco saudables en máquinas expendedoras nos colexios. Ao mesmo tempo, propoñen que os supermercados apoien ofertas especiais de alimentos saudables para os menores, en lugar de chocolate e patacas fritas. Tamén reclámanse campañas para que pais e fillos coñezan os beneficios dunha dieta equilibrada e sá.
Uns 22 millóns de nenos en todo o mundo menores de 5 anos sofren obesidade.
FRASE DO DÍA:
“A malicia sempre fere onde máis doe” decía Baltasar Gracián.
Israel segue machacando Gaza
O secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, declarou a alarma pola violencia e o derramamento de sangue en Gaza e pediu o fin de toda violencia. Advirte a Israel que , independentemente das preocupacións en materia de seguridade deste país, o seu goberno debería respetar os dereitos humanos e o dereito humanitario internacional.
Segundo o primeiro ministro israelí, Olmert, as razóns do primeiro ataque en decembro eran a ruptura da tregua e o lanzamento de cohetes hacia o territorio israelí por parte de Hamás que se cobraron unha vítima civil.
Segundo Olmert o obxectivo do ataque israelí era eliminar operativos terroristas de Hamás como presuntos almacéns de armamento e campos de entrenamento.
Cronistas destacados falan da operación militar máis dura dos últimos anos”.
FRASE DO DÍA:
“Fanático é quen non pode cambiar de mentalidade e non quere cambiar de tema” afirmaba Winston Churchill.
Días de Libro e Letras (23 abril - 17 maio)
Fai moito tempo, cursos máis ben, que no noso Centro falamos de Días de Libro e Letras para significar a importancia das lecturas, os falares e menesteres similares …. Moito se ten dito sobre os adxetivos que mellor definen ós seres humanos e os diferencian doutros animais, pero sobre eles, antes ca eles e por debaixo deles estará sempre a capacidade de comunicación. Unha capacidade que foi mudando cos tempos pero que, en esencia, consiste no desexo de transmitir e coñecerse.
Non divago (bonita verba con moitas conntoacións) déixovos aquí un invento que revolucionará as vosas vidas:
http://www.youtube.com/watch?v=iwPj0qgvf…
Como quero ser xusto, indico aquí e agora algúns dos posibles inconvenientes, xa detectados por anteriores xeracións. Que isto non vos desanime e pensade que si evolucionamos e porque todos TODOS temos as mesmas capacidades, a única diferencia é usalas ou non …
http://www.youtube.com/watch?v=xFAWR6hzZ…
Bolsas de plástico … ¿ata cando?
Un ano despois do primeiro Día sen bolsas de plástico celebrado por Greenpeace, o Ministerio de Medio Ambiente deu marcha atrás á súa intención de eliminar as bolsas dun só uso se non están fabricadas con materiais biodegradables.
En 2007, o Ministerio dentro do Borrador do Plan nacional Integrado de Residuos (PNIR), propuxo esta medida, que o novo borrador de 2008, bota por terra ao ampliar, tal e como solicitaba a industria, o prazo de uso destas bolsas.
A medida do Ministerio, según Greenpeace tamén ignora a suxerencia do Senado a limitar o uso das bolsas de plástico e impulsar estudos para desenvolver novos materiais máis ecolóxicos e biodegradables que sustitúan aos plásticos.
Greenpeace recorda que a vida media dunha bolsa de plástico é de 12 minutos, cun impacto ambiental desproporcionado. En España cada persoa usa máis de 350 bolsas ao ano, o que supón 15.300 millóns de bolsas anuais, que xeneral 100.000 toneladas de lixo, innecesarias e das que só se recicla o 10%.
FRASE DO DÍA:
“Esaxerar a propia forza significa descubrir a propia debilidade” decía Emil de Girardin.
Máis do 50% de escolares cren que os inmigrantes quitan traballo
O estudo Actitudes ante a inmigración e cambio de valores, elaborado polo Centro de Estudios sobre Migracións e Racismo (CEMIRA) da Universidade Complutense de Madrid (UCM) entre xóvenes de 14 a 19 anos de España revela:
- O 60,2% dos encuestados relaciona os inmigrantes co aumento da delincuencia e a droga.
- Catro de cada dez relacionaos co incremento do terrorismo; e seis de cada dez afirman que “traen inconvintes”
- Ademais, tres de cada catro escolares sinala que en España xa hai suficientes inmigrantes; e deles un 21,1% cre que se debe expulsar algún. Máis da metade opina que deberían saír todos os inmigrantes ilegais “sen excepción” , á vez que case oito de cada dez recoñece que os inmigrantes legais teñen os mesmos dereitos que os cidadáns españois.
- Por colectivos, os marroquíes ocupan o primeiro posto de rexeitamento e xenofobia. Séguenos os xitanos, latinoamericanos, procedentes de países do Este de Europa, asiáticos, africanos e xudíos.
FRASE DO DÍA:
“Esperanza e optimismo son valores que cada día valen máis e non se cotizan en bolsa”.
A petición de axuda a Cáritas medra un 40%
Segundo as enquisas de Cáritas na metade dos seus centros, creceu notablemente a demanda de axuda por impagos de hipotecas ou alugueres e embargos e desahucios; sendo a asistencia ás familias, inmigrantes, acollida e empleo as máis importantes no primeiro semestre de 2008.
O secretario xeral de Cáritas, Silvano Agea, explica que aumentaron os perfís de persoas que necesitan axuda: mulleres con cargas familiares, homes en paro, familias xóvenes con nenos pequenos e mulleres maiores con pensións mínimas. A pesar do contexto de crisis económica internacional, engade que esperan máis donativos que nunca pois “en éppocas difíciles, a xente é máis solidaria”.
FRASE DO DÍA:
“Sempre se conservará o temor, pero nunca se debe mostrar” decçia Quevedo.
China: o dragón descoñecido
É habitual que quenes pisan Shanghai por primeira vez se queden coa boca aberta. A capital económica de China parécese pouco á concepción occidental do país, aínda lastrada por un imaxinario creado durante décadas polo cine, a literatura e a prensa.
Parece como se o retrato do Gran Dragón puidera quedar conxelado nas nosas neuronas, razón pola que o despertar do xigante asiático supuxo un “shock” para a maioría de individuos e empresas, que agora se preguntan cal será o papel do país máis poboado do mundo nunha economía de recesión.
Sería recomendable entender a China na súa xusta magnitude. É fácil esquecerse de que alí viven 1.350 millóns de persoas, e de que a súa superficie é comparable coa de Europa, cunha diversidade xeográfica incluso maior.
A década de 1990 convertiu a China na fábrica do mundo desbancando ás súas veciñas Xapón e Taiwán.
Este cambio radical parece que aínda non foi dixerido pola nosa sociedade.
Non cabe dúbida que o que lle ocorra a China repercutirá a nivel mundial. Case todas as previsións coinciden en que o xigante asiático convertirase na primeira economía mundial, aínda que difiren na data.

FRASE DO DÍA:
“Non te precies de saber o que non sabes, pero pregúntao aos que cres que o saben” decía Luis Vives.
A última casa de Chaplin convertirase nun museo
Aínda que a idea non é nova, parece que finalmente farase realidade dento de dous anos. Falamos do futuro museo do mítico actor, director e produtor de cine Charles Chaplin, que se ubicará na mansión que o artista habitou coa súa familia durante os seus últimos anos na localidade de Corsier-sur-Vevey, xunto ao lago Leman, en Suíza.
FRASE DO DÍA:
“Os homes discutirán, escribirán , loitarán, morrerán pola relixión, todo excepto vivila” afirmaba Charles Caleb Colton.