… Á boloñesa …

Para tódolos que queren estudiar e aínda non comezaron, para tódolos que comezaron e non sabían nada, … e tamén para todos aqueles que están convertindo o ámbito do pensar nuha verdadeira xungla.
Outras fronteiras
Tempo de viaxes …. Temos un alumno por terras de Bratislava (¿sabemos todos onde queda?) con temas do Parlamento europeo, e teremos a fin de semana do 22 ó 24 unha alumna en san Lorenzo de El Escorial discutindo sobre o tema “El envejecimiento de la población en Europa”. A vida sigue e o estudio faise compatible coa política, tanto teórica como práctica.
Mentres, o alumnado de 2º BACH se examina do que Platón ou Aristóteles pensaban sobre aquela política … Oh tempos, oh mores!!!! Sorte para todos e moita vida.
The World is waiting for US
Hai acontecementos históricos que teremos a sorte de poder vivir. Este vai ser un deles. Nunca na historia sucedera algo como o que está a punto de suceder (esperemos). Vivámolo pois como o que é: un feito histórico, e o primeiro da súa clase.
Outras cuestións secundarias nos levarían polo camiños da crítica, da reflexión sobre o que leva sucedido no mundo cos seus predecesores, … pero mellor lembremos á leiteira e agardemos ata the day after tomorrow ….