__Nosotros!!

jolanda

..NoSoTrOS..

..NoSoTrOS..

Estos somos nosotros:

En alto desde la izquierda hay: Nicole, Federico, Stefano, Filippo, Gustavo, Matteo B., Andrea, Luca

En el medio desde la izquierda hay: Sara, Erica, Arianna, Isabel, Chiara, Roberta, Natalia

En fin hay: Matteo S., Matteo M., Guido

Un beso y un abrazo desde IV LICEO!!

Octubre 31, 2009 | 1 Comentario  

Tecnoloxías

luci

Teño para min que as novas tecnoloxías aplicadas ao arte cinematográfico acaban impoñendo unha especie de “estética da máquina” que, en demasiadas ocasións, enmascara, entre ruidos, luces e outros vértigos, unha clara inopia imaxinativa que, sen tanto celofán, poñería no seu triste lugar a moitos creativos da modernidade.

Para entendernos. Que moitas das películas actuais de éxito non resistirían un pase sen sensorround ou sen esa escena en que todo voa polos aires e ao malo lle sae un buitre do ombigo.

Técnicas avanzadas e colosalismo artificial dánselle a man nunha extravagante proposta artística na que o que importa é o brillo, o tamaño e o decibelio. A cantidade sobre a calidade, a fin de contas.

Uns produtos –falar de obras só se debe facer cando se trata de creacións con estilo e cosmovisión propios- que sacuden con forza o noso sistema sensitivo,  pero que tan apenas afectan á nosa emotividade. Si, como din, a música máis nova hai que “oila coas tripas”, moito me temo que ao cine teremos que ir coa dixestión ben feita, para evitar sobresaltos.

 

FRASE DO DÍA:
” O espíritu  sempre está presto a resucitar. Basta concederlle uns coidados mínimos” afirmaba Juan Manuel de Prada.

 

Octubre 29, 2009 | 2 Comentarios  

Crisis

luci

Sabido é que a actividade económica mostra unha, para alguns, natural sucesión de expansións e contraccións no nivel da súa actividade.

É como se se asemellara a un organismo vivo que alternara sucesivamente épocas de hiperactividade con outras de obligado descanso. Unha alternancia necesaria cara a lograr un equilibrio máis san que debe impoñerse. Cada ciclo ten as súas propias características. Houbo unha crise agudísima, unha crise brutal, a que coñecemos pola súa data, a do 29, e máis recente do petróleo, a do 73, tras a guerra no Medio Oriente. Sendo isto certo, o feito de que cada crise presente as súas peculiaridades, ¿quen podía imaxinarse que estemos asistindo a unha aguda contracción no sector inmobiliario que se iniciou nos EEUU, a que o sector financieiro sobre todo o norteamericano, salpicando ao europeo, pase por serias dificultades, e a unha alza que parece imparable nos prezos das materias primas e alimentos, dándose todo elo á par?

 

FRASE DO DÍA:
”O que sabe calar é o máis forte” comentaba Amado Nervo.

Octubre 29, 2009 | Dejar un comentario  

Eloxio da monotonía

luci

Ás veces a nosa vida aburrénos. “Sempre o mesmo” solemos comentar con aire de cansancio. Queixámonos sen pensar, sen valorar o normal de todos os días. Sen embargo, cando o traballo falta ou hai un problema, cantas noites sen dormir e canta añoranza da normalidade. É que non valoramos nin a sencillez nin a grandeza do pequeño, do día a día. Parece que tivéramos vocación de heroes, pero ao grande e, mentras soñamos con grandes cousas que nunca van chegar á nosa vida, desperdiciamos a verdadeira vocación de heroes do pequeño, do que non ten brillo nin espectáculo pero remove ao mundo e o fai funcionar.

A monotonía non existe, é un invento da nosa mente cando non lle poñemos ilusión nin valentía ao noso vivir diario. Os días nunca son iguais. Anque fagamos os mesmos, sempre hai un matiz distinto que temos que descubrir a base da alegría e optimismo. E sendo realista, cos pes no chan.

A nosa vida pode ser normal e corrente pero, se sabemos atopar a chispa que ten cada día, nunca será vulgar. A vulgaridade non é facer cousas correntes ou non encher de espíritu esas cousas. A vida é dura, claro que sí, pero sentirnos fracasados porque non podemos cazar leóns nos pasillos da nosa casa, é non valorar o positivo da nosa existencia. O relieve e o extraordinario témolo que poñer nós coa nosa actitude ante as dificultades e o sufrimento de cada día, co esforzo e esperanza.

Benditos sexan os días aparentemente iguais. E se nalgún momento vemos que a monotonía colasénos na alma, hai que sacala fóra, porque en realidade foise metendo na alma o desamor polo que somos e temos. Se todo isto vai acompañado de fe, porque cremos e confiamos en nós, veremolo nos acontecementos da vida.

 

FRASE DO DÍA:

“Non te fagas como un planeta na súa órbita, servo dunha traxectoria” recollía Unamuno.

 

Octubre 28, 2009 | Dejar un comentario  

Molti mari e fiumi, attraversero, dentro la tua terra, mi ritroverai.

Carlos Puntos Suspensivos

Pues nada, espero que esteis con ganas de venir a Galicia, que aunque no es lo más típico de España, es de lo mejor (jajaja).

Bueno, no hay mucho que decir, ya hablaremos bastante en noviembre, jaja.

Un abrazo!!! Ciaoo

Octubre 28, 2009 | Dejar un comentario  

“El hombre perro”

luci

Esta novela publicouse por primeira vez en español en outubro do ano pasado na editorial Libros del Asteroide.

Cando a publicou o seu autor en hebreo (1969), foi rechazado en Israel. Non nos extaña. Con paralelismos e repeticións, periodos cortos e metáforas imita o lenguaxe da Biblia.

Ademáis, o protagonista, pallaso de profesión e tolo a causa do sufrimento, representa a vecesa a Deus, a veces a Xesús e a veces ao primeiro home sobre a terra.

Tamén se ve a sí mesmo como un can, porque nos campos de concentración facía de can para divertir a un comandante nazi. O manicomio donde é recluído é unha parodia do Estado de Israel, por entonces recén creado, e por extensión da terra enteira, da humanidade, que foi abandonada por Deus naqueles campos de concentración.

“¿Qué pecado cometeron os nenos?”, preguntábase Adán, preguntábase Arthur. A irmá Schwester non se o cuestionaba nunca; Deus está máis alá da nosa comprensión, decía, e cando aparezca o comprendemos todo”.

¿Cómo é posible que poidamos sufrir tanto?, ¿que mal fixemos?, é unha interrogación milenaria. Na Biblia hai un libro que representa esta interrogación, este reproche, é o  Libro de Job. El hombre perro está escrito en clave de puño en alto e clamor ao ceo. Parodia pasaxes célebres do Novo Testamento como a anunciación, a tentación de Xesús no deserto, a crucifixión, os milagros e do Antigo, como o Éxodo.

A metáfora está ao servizo da dor á literatura convírtese nunha linguaxe ao servizo  da dor.

A narración é moitas veces caótica, como a dun tolo, escoitamos os pensamentos e as voces dos tolos. Creo que este é o seu maior logro en canto á técnica narrativa. O paso dun punto de vista a outro, dun tempo verbal a outra , dunha persoa a outra, sen transición. De repente, este baile de personaxes convírtese en teatro, a cada voz precédelle un nome, a narración pasa á representación; isto ocorre no pasaxe dedicado á festa de Purim, que precisamente foi levado ao teatro.

Pero, narración ou teatro, todo o  tempo se produce a parodia, a gran representación, que é o mensaxe de fondo: a vida é unha obra de teatro na que hai que seguir actuando, aínda que sen ganas, aínda que sen alma.

El hombre perro déixanos un mal sabor de boca, pero recoñecemos as súas cualidades artísticas.

Non cabe dúbida que ese mal sabor de boca procede do desagrado do sufrimento, de non poder crer xa en nada, nin sequera no ser humano.

 

FRASE DO DÍA:
”Ser cristiano é ser contemporáneo de Xesús” decía Kierkegaard.

Octubre 28, 2009 | Dejar un comentario  

Cine clasificado SMS

luci

Os teléfonos móviles son a escola dos cineastas do futuro.

Tal vez os spielbergs do futuro sexan hoxe un puñado de adolescentes que andan por ahí filmando a uns amigos cun móvil de última xeración.

Xente como os xóvenes sudafricanos crearon SMS Sugar Man, primeiro largometraxe “filmado” integramente con celulares e que agora chega ás pantallas tras adaptarse ao formato de 35 mm.

Pode parecer unha rareza, pero as películas feitas con móviles chaman cada vez máis a atención da industria, xa que é un terreo no que se pode cazar prometedores talentos.

Así, Robert Redford anunciou que o seu festival, o de Sundance, tería unha categoría dedicada a obras neste novo formato. E Isabella Rossellini contratou a seis directores noveles para rodar unha serie de coros , feita para vela directamante na pantalla dos teléfonos.

Pero as novas tecnoloxías non son plato para todos os padares. David Lynch, quen era un dos iconos da modernidade cinematográfica, cargou contra esta moda ao afirmar que este tipo de filmes “Non son cine, igual que unha pintada nun váter non é literatura”. A polémica está servida.

 

FRASE DO DÍA:
”Sementa cabazas e collerás cabazas; sementa fabas e collerás fabas” di un proverbio chino.

Octubre 25, 2009 | Dejar un comentario  

La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina

fabian

Si el ascensor del edificio en el que Stieg Larsson residía hasta el 9 de noviembre de 2004 no se hubiera averidado, el póstumamente afamado escritor posiblemente seguiría entre nosotros, o quizás no. Lo que si perdura es su legado literario, más concrétamente la trilogía Millenium, cuyo segundo volumen, La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina, fue estrenado ayer en nuestro país.

Como por el momento la única alusión en Ribadeo a dicho film es un simple “próximamente”, no tengo referencia alguna acerca de la adaptación cinematográfica, pero sí de la literaria, la cual he terminado recientemente. La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina, se centra en el personaje de Lisbeth Salander, que desde la clandestinidad investiga varios casos relacionados con la prostitución, junto con las personas que se encuentran tras ese negocio. Simultáneamente, en la revista Millenium están realizando reportajes a cerca del mismo tema, hasta que ven cómo sus indagaciones se ven interrumpidas por una serie de desgracias. En ese momento, Lisbeth descubre la relación que guarda con la mafia que está detrás de dichas desgracias, a las que misteriosamente acaba vinculada y decide tomarse la justicia por su mano. A todo esto, Mikael Blomkvist, cuya amistad con la peculiar hacker ha desaparecido, intentará encontrarla para protegerla.

Aprovecho para recomendaros a todos la trilogía Millenium y animaros a ir al cine a ver su adaptación.
<img class=”alignright” src=”http://kinoticias.files.wordpress.com/2009/09/m2.jpg” alt=”Cartel de la segunda entrega de la triolog

Octubre 25, 2009 | 1 Comentario  

A Montaña Palentina

luci

É un deses rincóns secretos e recónditos da xeografía ibérica. Cando falamos da montaña palentina e do Alto Carrión, a palabra “soidade” adquire un significado especial. Estamos falando de natureza non domesticada e salvaxe, de ausencia de edificios, case ausencia de poboacións, case ausencia de seres humanos. Soa e recollida cos seus durísimos invernos. Tan só uns poucos arraigaron co seu gando, coa súa pequena casa aislada, co seus secretos no corazón.

Quenes pensen que hoxe en día xa non é posible unha natureza virxe, que xa non existen lugares sen estradas, nin refuxios de montaña, nin albergues, nin poboacións, nin sequera camiños, están equivocados. Quenes pensen que non é posible encontrarse na máis absoluta soidade, na auténtica esencia do que significa natureza, ten que recorrer a montaña palentina. Mellor en primaveira ou no outono. O inverno, anque esplendoroso na súa beleza, é mal compañeiro: demasiada dureza e frío. Convén ir ben pertrechados e o verán sempre atrae a máis xente da necesaria, se o que un desexa é a tranquilidade.

 

FRASE DO DÍA:
”Nin eres máis santo porque te alaben nin máis vil porque te menosprecien. O que eres, eso eres” decía Tomás de Kempis.

Octubre 25, 2009 | Dejar un comentario  

..Nosotros..

jolanda

..Nosotros..

<3 Un beso desde la “IV LICEO” <3

Octubre 21, 2009 | 2 Comentarios  

Next Page →