Tecnoloxías
Teño para min que as novas tecnoloxías aplicadas ao arte cinematográfico acaban impoñendo unha especie de “estética da máquina” que, en demasiadas ocasións, enmascara, entre ruidos, luces e outros vértigos, unha clara inopia imaxinativa que, sen tanto celofán, poñería no seu triste lugar a moitos creativos da modernidade.
Para entendernos. Que moitas das películas actuais de éxito non resistirían un pase sen sensorround ou sen esa escena en que todo voa polos aires e ao malo lle sae un buitre do ombigo.
Técnicas avanzadas e colosalismo artificial dánselle a man nunha extravagante proposta artística na que o que importa é o brillo, o tamaño e o decibelio. A cantidade sobre a calidade, a fin de contas.
Uns produtos –falar de obras só se debe facer cando se trata de creacións con estilo e cosmovisión propios- que sacuden con forza o noso sistema sensitivo, pero que tan apenas afectan á nosa emotividade. Si, como din, a música máis nova hai que “oila coas tripas”, moito me temo que ao cine teremos que ir coa dixestión ben feita, para evitar sobresaltos.
FRASE DO DÍA:
” O espíritu sempre está presto a resucitar. Basta concederlle uns coidados mínimos” afirmaba Juan Manuel de Prada.
O cuantitativo sobre o cualitativo …. uhmmmm … moi aristotélico ….
Non esquezamos que o cine é unha industría ….
Dannos o que consumimos ou consumimos o que nos dan?