Día de difuntos

blog0919

halloween Hoxe reivindican esta festividade como algo galego ….. De feito algúns afirman que o exportamos nos as Américas e así reconvertiuse malamente no actual Halloween …. Ben …, Samaín é unha palabra gaélica … o costume de honrar ós mortos é algo universal, arquetípico, e non producto dun só pobo ou unha etnia determinada … facer unha versión infantil de asuntos desagradables ou alleos ós infantes é universal tamén … Exportar exportar … pensando na historia dos EEUU case que é máis doado crer que foron os irlandese os que levaron os seus costumes e os fixeron fortes na súa nova patria, pero non serei eu quen apadrine unha idea universal nin quen a defenda como patrimonio particular. O que sí é certo é que a visión comercial e festiva da festa mantívose a forza dos mass media, contra os costumes relixiosos que moitos tentaron eliminar …. Unha festa sacra competindo con festas pagás … elementos infantís competindo con ideas milenarias … Hai moitos defensores do Samaín que criticaron e critican as compoñentes relixiosas … e sin embargo ensalzan agora estes costumes … Fai tempo que os máis facemos un silencio repetuoso sobre a historia do ser humano. Todo ten o seu sentido cando se vive, e todo pode resultar ridículo cando se mira co paso do tempo. A tolerancia e a educación son principios que están supeditados para moitos ás ideas, e só cando estas están de moda as reverencian, ou só cando veñen asociadas a elementos que eles validan … Queden aí estas filoso-fadas e se algún quere opinar … fagámolo tranquilamente utilizando as palabras e os sentimentos … Algún deles gañará algunha vez …
Para leer máis
e máis
e aínda máis
E seguro que vos atoparedes máis cousas sobre o Halloween … ou a casa dos santos, ou anxos ….

Noviembre 1, 2009 |  

COMENTARIOS

 

Trackback URI | Comentarios RSS

Una respuesta para “Día de difuntos”

  1. Carlos Puntos Suspensivos on Noviembre 1, 2009 4:33 pm

    Que pena de día para o Samaín de Ribadeo…
    Aínda que máis típico galego non se pode pedir…

Deje una respuesta