Aprendendo co ordenador

luci

Normalmente o material está preparado por expertos e ten un impacto positivo na educación de quen o utiliza, pero unha gran parte limítase a mostrar contidos (cancións, cores, formas xeométricas) deixando pouco marxe á experimentación activa. É sabido que a mellor maneira de aprender algo é facéndoo, así que parece razoable elexir materiais educativos interactivos, aproveitando a competencia dixital dos nenos de hoxe en día.
A alternativa ven da man de Gcompris, unha suite educativa libre e gratuita que funciona con Microsoft Windows, GNU/Linux ou Apple MacOSX e está traducida a máis de trinta idiomas.
Basta con acceder a gcompris.net e pulsar o enlace de descarga para poder instalalo e ter máis de 100 actividades educativas pensadas para nenos de 2 a 10 anos. En cada actividade hai un símbolo indicando o seu nivel de dificultade e existen diferentes categorías : puzles, matemáticas, estratexia…
Así, temos á nosa disposición un enorme e variado conxunto de actividades educativas para que os máis pequenos da casa aprendan mentras xogan.

FRASE DO DÍA:
“Quen non comprende unha mirada, tampouco comprenderá unha larga explicación” afirmaba un proverbio árabe.

Marzo 5, 2010 | 1 Comentario  

Estres ante os exames

ofelia

           A ansiedade ante os exames é un tipo de ansiedade de “execución”, o que pode experimentar unha persoa nunha situación onde importa moito o rendemento ou a correcta execución dunha tarefa ou existe unha presión por facer as cousas ben.

            Coma calquera outra situación onde unha persoa pode ter ansiedade de execución, nun exame, a ansiedade pode facer que sinta que ten un nó na garganta, teña molestias “gastrointestinais”, dor de cabeza, suor de mans, latidos rápidos,…

         Qué o provoca? Cando unha persoa está baixo estres, o seu corpo libera unha hormona denominada adrenalina, que o prepara para reaccionar ante o perigo. Isto é o que provoca os síntomas corporais, que poden ser de leves a intensos.

            Quén pode telo? Os estudantes que lles importan os resultados, os que non prepararon ben os exames.

         Qué se pode facer?  Emprega un pouco de estres ó teu favor, xa que é un mecanismo que prepara o teu corpo e te avisa do “perigo”, pide axuda, prepara ben o exame, controla os teus sentimentos, acepta os teus errores, e o máis importante, coida a túa saúde, xa que durmindo ben é a única maneira de poder render ó máximo.

            Desde o meu punto de vista, aprender a controlar os teus impulsos é clave para poder actuar en consonancia co que se che pide, co cal, aprende a controlarte e sairás gañando!!!

 

Marzo 5, 2010 | 1 Comentario