Obesidade infantil e anuncios de comida rápida

luci

Un estudo revela que a prohibición en EEUU dos anuncios de “comida basura” en horario de programación infantil reduciría un 18% a cifra nenos de 3 a 11 anos con sobrepeso e un 14% a de adolescentes de 12 a 18 anos. O efecto é máis marcado nos homes que nas mulleres.
En caso de seguir esta liña, EEUU sumaríase a Suecia, Noruega e Finlandia como únicos países que prohibiron o patrocinio comercial nos programas infantís.
Levántase a voz para reclamar a redución do contido de graxas nas comidas escolares, que non se vendan bebidas e alimentos pouco saudables en máquinas expendedoras nos colexios. Ao mesmo tempo, propoñen que os supermercados apoien ofertas especiais de alimentos saudables para os menores, en lugar de chocolate e patacas fritas. Tamén reclámanse campañas para que pais e fillos coñezan os beneficios dunha dieta equilibrada e sá.
Uns 22 millóns de nenos en todo o mundo menores de 5 anos sofren obesidade.

FRASE DO DÍA:
“A malicia sempre fere onde máis doe” decía Baltasar Gracián.

Mayo 5, 2010 | Dejar un comentario  

Israel segue machacando Gaza

luci

O secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, declarou a alarma pola violencia e o derramamento de sangue en Gaza e pediu o fin de toda violencia. Advirte a Israel que , independentemente das preocupacións en materia de seguridade deste país, o seu goberno debería respetar os dereitos humanos e o dereito humanitario internacional.
Segundo o primeiro ministro israelí, Olmert, as razóns do primeiro ataque en decembro eran a ruptura da tregua e o lanzamento de cohetes hacia o territorio israelí por parte de Hamás que se cobraron unha vítima civil.
Segundo Olmert o obxectivo do ataque israelí era eliminar operativos terroristas de Hamás como presuntos almacéns de armamento e campos de entrenamento.
Cronistas destacados falan da operación militar máis dura dos últimos anos”.

FRASE DO DÍA:
“Fanático é quen non pode cambiar de mentalidade e non quere cambiar de tema” afirmaba Winston Churchill.

Mayo 4, 2010 | Dejar un comentario  

Máis do 50% de escolares cren que os inmigrantes quitan traballo

luci

O estudo Actitudes ante a inmigración e cambio de valores, elaborado polo Centro de Estudios sobre Migracións e Racismo (CEMIRA) da Universidade Complutense de Madrid (UCM) entre xóvenes de 14 a 19 anos de España revela:
- O 60,2% dos encuestados relaciona os inmigrantes co aumento da delincuencia e a droga.
- Catro de cada dez relacionaos co incremento do terrorismo; e seis de cada dez afirman que “traen inconvintes”
- Ademais, tres de cada catro escolares sinala que en España xa hai suficientes inmigrantes; e deles un 21,1% cre que se debe expulsar algún. Máis da metade opina que deberían saír todos os inmigrantes ilegais “sen excepción” , á vez que case oito de cada dez recoñece que os inmigrantes legais teñen os mesmos dereitos que os cidadáns españois.
- Por colectivos, os marroquíes ocupan o primeiro posto de rexeitamento e xenofobia. Séguenos os xitanos, latinoamericanos, procedentes de países do Este de Europa, asiáticos, africanos e xudíos.

FRASE DO DÍA:
“Esperanza e optimismo son valores que cada día valen máis e non se cotizan en bolsa”.

Abril 20, 2010 | 4 Comentarios  

A última casa de Chaplin convertirase nun museo

luci

Aínda que a idea non é nova, parece que finalmente farase realidade dento de dous anos. Falamos do futuro museo do mítico actor, director e produtor de cine Charles Chaplin, que se ubicará na mansión que o artista habitou coa súa familia durante os seus últimos anos na localidade de Corsier-sur-Vevey, xunto ao lago Leman, en Suíza.

FRASE DO DÍA:
“Os homes discutirán, escribirán , loitarán, morrerán pola relixión, todo excepto vivila” afirmaba Charles Caleb Colton.

Abril 7, 2010 | Dejar un comentario  

Un sistema de debuxos e pictogramas axuda aos discapacitados a comunicarse

luci

A integración dos discapacitados é unha loita na que aínda qudan, lamentablemente, demasiados frentes abertos. Por iso, calquer paso adiante é motivo de celebración. Por exemplo, a creación dun Messenger Visual que facilitará a comunicación a persoas con dificultades de lectoescritura, expresión ou movemento. Esta aplicación, que representa palabras e conceptos mediante pictogramas e debuxos, é unha iniciativa da Fundació El Maresme, que espera que algúen se interese pola idea e a comercialice.

FRASE DO DÍA:
“O ancián propende a enxuiciar o hoxe con criterio de onte “ enunciou Ramón y Cajal.

Marzo 23, 2010 | Dejar un comentario  

Unha empresa sevillana instala unha pista de “xeo ecolóxico” en Eurodisney

luci

A empresa sevillana Xtraice instalou no Hotel Nueva York de Eurodisney, en París, unha pista de esquí moi especial, xa que suporá un aforro enerxético de 3600 kwh/día, o consumo que realizan 600 familias. Trátase dun material moi parecido ao xeo e cun grado de deslizamento excepcional, que non se ve afectado polas condicións climáticas. Ademais, é fácil de montar e desmontar, necesita pouco espazo para o seu almacenaxe e reduce o impacto das caídas, grazas ao grado de absorción dos golpes.

FRASE DO DÍA:
“Cada persoa é dona do seu silencio e esclava da súa palabra”

Marzo 11, 2010 | Dejar un comentario  

Aprendendo co ordenador

luci

Normalmente o material está preparado por expertos e ten un impacto positivo na educación de quen o utiliza, pero unha gran parte limítase a mostrar contidos (cancións, cores, formas xeométricas) deixando pouco marxe á experimentación activa. É sabido que a mellor maneira de aprender algo é facéndoo, así que parece razoable elexir materiais educativos interactivos, aproveitando a competencia dixital dos nenos de hoxe en día.
A alternativa ven da man de Gcompris, unha suite educativa libre e gratuita que funciona con Microsoft Windows, GNU/Linux ou Apple MacOSX e está traducida a máis de trinta idiomas.
Basta con acceder a gcompris.net e pulsar o enlace de descarga para poder instalalo e ter máis de 100 actividades educativas pensadas para nenos de 2 a 10 anos. En cada actividade hai un símbolo indicando o seu nivel de dificultade e existen diferentes categorías : puzles, matemáticas, estratexia…
Así, temos á nosa disposición un enorme e variado conxunto de actividades educativas para que os máis pequenos da casa aprendan mentras xogan.

FRASE DO DÍA:
“Quen non comprende unha mirada, tampouco comprenderá unha larga explicación” afirmaba un proverbio árabe.

Marzo 5, 2010 | 1 Comentario  

O aceite de oliva sacia

luci

O ouro da dieta mediterránea, o aceite de oliva, contén moitas calorías (nove por cada gramo) e por iso debe tomarse con moderación para evitar o exceso de peso. Non obstante, e a pesar de esta desventaxa, os beneficios do aceite de oliva parecen non ter fin, incluso neste aspecto.
Según unha investigación, o ácido oleico deste produto crea unha sensación de saciedade que axuda a non picar entre horas e non comer ata reventar. Os autores deste estudo, observan que as señais que chegan ao cerebro despois de comer para indicar que se mitigou a fame son máis fortes cando se inxire unha dieta rica en ácido oleico.

FRASE DO DÍA:
“Rirse de todo é propio de tontos, pero non rirse de nada é de estúpidos” decía Erasmo.

Febrero 10, 2010 | Dejar un comentario  

Cruz Vermella e Danone impulsan a creación dun fondo para conseguir sementes que promoven o desenvolvemento da agricultura local en África Subsahariana

luci

A fame afecta a máis de 800 millóns de persoas no mundo e distingue entre persoas , idades e rexións. A desnutrición concéntrase sobre todo en África Subsahariana e afecta especialmente a nenos menores de cinco anos porque están en plena etapa de desenvolvemento. Por iso, faise necesario loitar para conseguir a Seguridade Alimentaria das persoas, onde máis o necesitan. Unha forma de axudar ás persoas máis vulnerables é apoiar os cultivos agrícolas locias porque as persoas máis afectadas pola crises son as familias campesiñas e os pequenos produtores de subsistencia familiar. Ante esta situación, Danone xunto con Cruz Vermella, crea o proxecto “Xuntos Sementamos Vida” para dar apoio á Cruz Vermella nos seus proxectos que teñen como obxectivo mellorar o acceso a alimentos básicos en países en vías de desenvolvemento, traballando coas comunidades para mellor a súa agricultura, con formación e ferramentas para contribuír á súa autosuficiencia.

FRASE DO DÍA: colabore e coñeza máis sobre o proxecto “Xunto sementamos vida” en www.juntossembramosvida.com e en www.cruzroja.es/sembramosvida

Enero 30, 2010 | Dejar un comentario  

Intolerable

luci

Unha cousa é que algúns locutores deportivos maltraten o idioma nas retrasmisións radiofónicas e outra, distinta e intolerable, que se dediquen a insultar.

Recollo algunhas expresións referidas ao árbitro dun partido de fútbol dunha cadea.

Son reprodución textual do dito, xa que tomei nota escrita do forilexio: “É un fantasma integral,quéronos j…”, “que vaia facer puñetas” ou “é un impresentable, un inútil”.

Como se pode comprobar tampouco é que o suposto profesional da información gozara dun vocabulario amplo, nin tan sequera no terreo groseiro da súa especialización.

O árbitro foi o peor parado no reparto de rosiñas, pero tamén houbo obsequios para outros.

Se a violencia das gradas, tantas veces denunciada e sancionada, se trasladar aos micrófonos, habería que empezar a tomar medidas penais, sí, penais.

 

FRASE DO DÍA:
“Amar a alguén é consagrarlle tempo” afirmaba Jean-Claude Sagne.

Enero 22, 2010 | Dejar un comentario  

Next Page →