Un copiloto robótico que analiza as reaccións do condutor
Fai uns anos nadie imaxinaría que un aparato como GPS se convertira nun inxenio tan útil para millóns de condutores.
Pero a introdución da tecnoloxía nos automóviles xa é imparable e quizais nun futuro próximo popularizáronse os robots copilotos que desenvolve o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts.
Entre as súas funcións máis sorprendentes destaca a capacidade de interactuar co piloto e de responderlle según o seu estado de ánimo. Non sabemos se Tráfico considerará o robot unha axuda á condución ou un novo motivo de sanción por distración do piloto.
FRASE DO DÍA:
“Para darse por satisfeito co sinxelo necesítase un alma grande” afirmaba Arturo Graf.
Unha mirada a algures …
As vacacións sempre conlevan dous tipos de sentimentos. Un de tristeza que se produce ó alonxarse do rutinario e dos rutinenses, daquelo e daqueles que son a nosa vida. Outro positivo, de ampliar o noso horizonte.
Por eso escollo para este intermezzo, este parentesis, este kit-kat estacional estes tres cadros. Que os disfrutedes, e contade despois algunha das vistas ou visións acadadas …



Big Bang? Esto promete …
Para todos os que estudiedes ciencias esta noticia se4rá comprensible. Para aqueles que xa deixamos o camiño seguro do coñecemento riguroso non passa de ser un capítulo das crónicas de Buck Rogers, de Flash Gordon ou de Brick Bradford (somos antiguos xa incluso na ciencia ficción) … pero así e todo non deixa de ter un eco importante dentro da palabrería e conceptoloxía moderna, lede pois e contádemo logo ….
O 30 de marzo ven o Big Bang
Unha pintura “antiwifi” contra os piratas informáticos
Investigadores estadounidenses e xaponeses desenvolveron un pigmento a base de óxido de ferro e aluminio capaz de bloquear as emisións das redes inalámbricas e as dos teléfonos móviles.
Con esta pintura “antiwifi” non sería posible que os “hackers” roubaran o sinal, xa que se pode bloquear ata o 90% da enerxía emitida.
Ademais, este innovador produto podería evitar cos teléfonos móviles sonaran no cine ou o teatro.
FRASE DO DÍA:
“O noso instinto fainos sentir que debemos buscar a felicidade fóra de nós” afirmaba Blaise Pascal.
Un sistema de debuxos e pictogramas axuda aos discapacitados a comunicarse
A integración dos discapacitados é unha loita na que aínda qudan, lamentablemente, demasiados frentes abertos. Por iso, calquer paso adiante é motivo de celebración. Por exemplo, a creación dun Messenger Visual que facilitará a comunicación a persoas con dificultades de lectoescritura, expresión ou movemento. Esta aplicación, que representa palabras e conceptos mediante pictogramas e debuxos, é unha iniciativa da Fundació El Maresme, que espera que algúen se interese pola idea e a comercialice.
FRASE DO DÍA:
“O ancián propende a enxuiciar o hoxe con criterio de onte “ enunciou Ramón y Cajal.
Holanda cobrará o imposto de circulación polos kilómetros recorridos
Holanda poñerá no 2012 en marcha un novo sistema impositivo para os vehículos en función dos kilómetros que percorran e das horas nas que se circule. A idea, que se levará a cabo instalando un sistema de navegación satelital en cada coche, pretende que pague máis quen máis contamine. O transporte público e os vehículos adaptados para minusválidos estarán exentos deste imposto.
FRASE DO DÍA:
“Non se ve ben máis que co corazón. O esencial é invisible aos ollos” decía Antoine de Saint-Exupéry.
Unha empresa sevillana instala unha pista de “xeo ecolóxico” en Eurodisney
A empresa sevillana Xtraice instalou no Hotel Nueva York de Eurodisney, en París, unha pista de esquí moi especial, xa que suporá un aforro enerxético de 3600 kwh/día, o consumo que realizan 600 familias. Trátase dun material moi parecido ao xeo e cun grado de deslizamento excepcional, que non se ve afectado polas condicións climáticas. Ademais, é fácil de montar e desmontar, necesita pouco espazo para o seu almacenaxe e reduce o impacto das caídas, grazas ao grado de absorción dos golpes.
FRASE DO DÍA:
“Cada persoa é dona do seu silencio e esclava da súa palabra”
Atopan en Irán unha cunca con restos de viño do 5400 a.C.
Aínda que foron os gregos e os romanos quenes difundiron o cultivo da vide e a produción de viño nas nosas terras, a orixe desta bebida podería atoparse na antiga cultura persa. Unha proba delo é os rstos que atoparon nas montañas de Zagros, na actual Irán, dunha cunca con restos de viño do ano 5400 antes de Cristo, un dos restos dos arqueolóxicos máis antigos desta actividade.
Os persas non só disfrutan bebendo viño, senón que o usaban como medicina, ofrecíanllo aos deuses e pagaban con el aos traballadores.
FRASE DO DÍA:
“Non hai malas herbas nin homes malos. Só hai malos cultivadores “ afirmaba Víctor Hugo.
8 de marzo
Sempre gustei de utilizar este cartel polo seu doble simbolismo. Creo que representa perfectamente unha imaxe e unha actitude acorde co que se pretende reflectir. Así que agora adobémolo cunhas verbas de Esperanza Guisán e xa podemos comentar algunha cousa que nos soe deste ou daquel outro filósofo para xustificar outros menesteres.
Velaiquí o noso tributo nesta data. Saúdos
Aprendendo co ordenador
Normalmente o material está preparado por expertos e ten un impacto positivo na educación de quen o utiliza, pero unha gran parte limítase a mostrar contidos (cancións, cores, formas xeométricas) deixando pouco marxe á experimentación activa. É sabido que a mellor maneira de aprender algo é facéndoo, así que parece razoable elexir materiais educativos interactivos, aproveitando a competencia dixital dos nenos de hoxe en día.
A alternativa ven da man de Gcompris, unha suite educativa libre e gratuita que funciona con Microsoft Windows, GNU/Linux ou Apple MacOSX e está traducida a máis de trinta idiomas.
Basta con acceder a gcompris.net e pulsar o enlace de descarga para poder instalalo e ter máis de 100 actividades educativas pensadas para nenos de 2 a 10 anos. En cada actividade hai un símbolo indicando o seu nivel de dificultade e existen diferentes categorías : puzles, matemáticas, estratexia…
Así, temos á nosa disposición un enorme e variado conxunto de actividades educativas para que os máis pequenos da casa aprendan mentras xogan.
FRASE DO DÍA:
“Quen non comprende unha mirada, tampouco comprenderá unha larga explicación” afirmaba un proverbio árabe.