XaCoBeO Blue:Sens

pintos

No ano 89/90 o Obradoiro CAB foi eliminado polo Júver Murcia nun partido para ascender a ACB. O equipo murcián incorreu en aliñación indebida, ao utilizar como xogador nacional a Esteban Perez, que tiña pasaporte arxentino. Isto motivou o inicio dunha batalla xudicial inédita en España.

Despois de 20 anos o Obradoiro CAB gaña o xuízo e ten unha praza reservada en ACB. O Obradoiro Cab tamén se chama Xacobeo Blue:Sens polos patrocinadores.

Así, este ano a nosa cidade, Santiago de Compostela, ten 2 equipos de baloncesto nas primeiras ligas. O Beirasar Rosalia en LEB prata, cunha tempada non moi boa o ano pasado e o Obradoiro CAB en ACB. Esperamos que a tempada do Obradoiro mellore a do Rosalía.

O pasado mes de decembro puidemos gozar dun partido inesquecible: a vitoria sobre o Madrid, invicto desde o comezo da liga;  foi moi emocionante… Noraboa a este equipo recén estreado/ascendido.

 

 

Febreiro 11, 2010 | Deixe un comentario  

El Cartero y Pablo Neruda

bello7

Nesta película Mario, o protagonista, consegue un traballo como carteiro auxiliar, porque hai un poeta que recibe moitas cartas. Trátase de Pablo Neruda, un poeta -comunista e do pobo, di Mario- ao que o goberno de Chile exilia a unha illa ao sur de Italia por razóns políticas.

Pablo Neruda e Mario fanse amigos. Pablo ensina a Mario o que son as metáforas e tamén como facer que Beatrice -unha camareira- se namore del facéndolle poemas co que el sentía por ela. Ambos comparten a beleza das cousas, da natureza da illa, etc.

Ao final Mario casa con Beatrice e van ter un fillo chamado Pablito en honor a Pablo Neruda , pero…

Creo que é unha película moi boa é aconsélloa a todos os públicos.

 

Cartel do filme na versión orixinal

Xaneiro 15, 2010 | Deixe un comentario  

DESPEDIDA NADAL 2009

liares

Ola blogueiros este ano tócame a min facer a despedida do nadal.

O nadal é unha festa cristiá na que se celebra o nacemento de Xesucristo. É unha festa moi fermosa porque nos reunimos todos coas nosas familias, para cear no caso da Noiteboa e comer no caso da Nadal.Tamén me gusta porque se ve aos nenos ilusionados coa chegada de Papá Noel que lles vai traer os regalos, a comida típica da nadal (depende de cada casa: pavo, marisco, bacallau…) e os seus doces típicos coma os polvoróns e o turrón.

Tamén hai xente que non pode disfrutar da navidad porque non ten un fogar ni unha familia, isto deberíanos  dar un pouco de vergoña e todo por culpa dos políticos,empresarios, nós mesmos….

Espero que o pasedes ben e non vos atragantedes cas uvas en fin de ano.

Deséxovos feliz ano e feliz nadal.

Decembro 22, 2009 | Deixe un comentario  

CUMIO EN COPENHAGUE

pintos

En Copenhague reuníronse mandatarios de cerca de 200 países para intentar paliar o problema do cambio climático. España, coma outros países incumpriu o tratado de Kyoto (1997) pero agora é un dos maís flexibles para cambiar o seu comportamento. Comprométese a baixar as súas emisións ata un 20% menos no 2020.

Ademais déronse a coñecer novidosas solucións relacionadas con este tema: unha é que a Terra se desvíe da órbita e se alonxe un pouco do sol a outra é poñer billóns de cristais para que non entren tanto os raios do sol na Terra. Todo isto está por ver.

Pero, non se logrou un acordo de todos e vinculante, moitas diferencias entre os países pobres e os ricos á hora de reducir emisións -porque iso custa diñeiro-, entre os que máis contaminan está China, porque traballa barato para os países desenvolvidos -é dicir nós.

Ao final quedouse en reducir unilateralmente e comunicalo antes de febreiro de 2010, esa redución será verificada e informarase á ONU. Ou sexa, bastante fracaso este cumio: o planeta vai seguir quentándose.

De todos xeitos, os que contaminamos o planeta somos nós e deberiamos parar de contaminar tanto, non vos parece?  Pois, a reducir contaminación, mirade isto.

Decembro 21, 2009 | Deixe un comentario  

A maxia da robótica

liares

A semana pasada fomos co profesor de Tecnoloxía a unha exposición sobre A maxia da robótica, organizada pola Dirección Xeral de I+D+I e patrocinada pola Xunta de Galicia e a Consellería de Innovación e Industria.

Estivemos alí dúas horas, na primeira hora déronnos unha charla sobre as funcións que tiña un robot de LEGO  e despois ensináronnos a usar o programa no ordenador. O programa serve para darlle instrucións ao robot.

Na segunda hora puxémonos en grupos de catro para facer uns 20 desafíos, o grupo no que estaba eu só puido resolver sete desafíos xa que tiñan a súa complicación; algúns deles foron:

1- Tiñamos que facer que o robot fora para adiante durante algúns segundos.

2- Tiñamos que facer que o robot fora para diante, dera un xiro de 90 graos e volvera cara nós.

3- Ao dar nós unha palmada tiña que andar e cando lle deramos outra palmada pararse.

4- Este era o desafío maís complicado: o robot tiña que facer un triángulo a través dun sensor de movemento.

Eu paseino moi ben, foi moi divertido e aprendemos algo novo.

Se queredes saber un pouco mais sobre os robots e o seu experimento este é o enlace.

Decembro 5, 2009 | Deixe un comentario  

O SALÓN DO MANGA EN BARCELONA

pintos

   

DSC05477.jpg image by Fcknight

O Salón do Manga celebrouse en Barcelona, concretamente en Hospitalet, fai uns días (29 de outubro ata o 1 de novembro). Neste evento, as persoas poden vestirse como os personaxes que aparecen no manga e no anime e ninguén os mira con noxo ou rareza senon con asombro e admiración; esta actividade denominase Cosplay. Ademais podes ler cómics ou ver animes novos porque soen aconsellarte.

O máis interesante deste evento é cando se recoñece o traballo realizado á hora de facer os disfraces.

Este ano O Salón do Manga rendeu homenaxe ó creador do pernonaxe de Shin Chan, Yoshito Usui, que faleceu recentemente.

Cando cumpra 18 anos irei a Barcelona a facer Cosplay porque son un afeccionado a isto e gústame moito. Levo un ano facendo o disfraz,  de momento só teño feita a espada que vestirei co traxe. Conmigo virá o meu primo que támen é afeccionado. Espero que valoren positivamente o noso traballo: vestirémonos dos personaxes de kingdom heart, eu vestirei de Cloud e el de Sephiroth, os que figuran na foto.

Novembro 23, 2009 | Deixe un comentario  

Os luns ao sol

delfos

Esta película retrata a clase social traballadora, o acoso no traballo, a xente no paro, a tristeza, a soidade…

Vemos o que lle ocorre a “Santa” e aos seus compañeiros, que os botaron do traballo porque os coreanos facían os barcos máis baratos e a empresa foise a pique, logo algún deles trata de buscar traballo pero todo lles sae mal e as cousas da casa tampouco lles vai moi ben, ata tal punto que un compañeiro de “Santa” (Amador) suicidouse, na súa casa tiña todo abandonado, estaba sen auga debido a que non pagou o recibo, … A outro foille mellor e investiu os cartos da indemnización nun bar.

“Santa” é o único dos seus compañeiros que ás veces fai bromas, os seus compañeiros e el rouban un barco coa intención de tirar as cinzas de Amador ao mar, pero esqueceuselles e logo rinse entre si polo ocorrido. Aínda así este personaxe é o máis loitador, o que nos fala da solidariedade entre os traballadores, o que non acepta a situación, etc.

A película retrátanos varias vidas da clase traballadora, o que nos quere decir é o que sucede cando botan a un do seu traballo e queda no paro, chegando mesmo ao abandono absoluto, como no caso de Amador.

A min pareceume algo lenta a película, debido a que estou acustumado a películas con máis acción, pero a película é interesante en si polo seu contido social e o ben que o retrata.

Os luns ao sol

Dous dos actores, L.Tosar e J. Bardem, do filme

  

 

 

 

Novembro 18, 2009 | Deixe un comentario   Etiquetas:

WiNdOwS 7

pintos

 

Windows 7 é a máis recente versión de Microsoft, un sistema operativo producido por Microsoft Corporation para uso no PC, incluíndo equipos de escritorio, portátiles e equipos media center.

A data de venta oficial para o Windows 7 foi o 22 de outubro de 2009. A diferencia do seu antecesor, Windows 7 é unha actualización incremental do núcleo NT 6.0 , isto coa meta de manter certo grao de compatibilidade coas aplicacións e hardwares nos que Windows Vista xa era compatible. As metas do desarrollo para Windows 7 foron mellorar súa interfaz para facela máis amena ao usuario e incluír novas características que permitisen facer tarefas dunha maneira máis fácil e rápida, ao mesmo tempo en que se realizarían esforzos para lograr un sistema máis lixeiro, estable e rápido.

Diversas presentacións dadas pola compañía no 2008 xa tentaran demostrar as capacidades multitáctiles, a  súa interfaz redeseñada xunto cunha nova barra de tarefas e un sistema de redes domésticas denominado Grupo no fogar, ademais das melloras de rendemento. Todo unha marabilla, segundo a súa opinión, claro; logo veremos como funciona, porque o Vista deixaba moito que desexar.

Windows escolleu a aldea asturiana de Sietes  para facer o anuncio publicitario, pola coincidencia no nome e tamén para  demostrar o doado  que é usar o novo Windows 7. No enlace podedes ver esta e máis cousas.

 

Novembro 13, 2009 | Deixe un comentario  

O Descenso

bello7

 

O descenso é o meu hobby: un deporte de risco no que tes que baixar unha pista previamente preparada nunha montaña e baixala no menor tempo posible. Hai dúas carreiras chamadas mangas: a 1ª manga elixe os mellores tempos de cada categoría e na 2ª manga os mellores corredores do día compiten polo 1º posto.

As bicicletas de descenso están preparadas especialmente para este deporte e non vale calquera bicicleta de montaña porque podes matarte, o único malo deste deporte é que as bicicletas son moi caras.

Gústame este deporte porque creo que é un deporte moi interesante no que podes descargar toda a adrenalina, ademais é moi apaixonante: se o probas emgánchaste.

Non é un deporte apto para todos xa que é moi perigoso porque pasas a moita velocidade ao lado de árbores e pedras e se te das contra elas pódeste facer moito dano, nas carreiras sempre hai unha ambulancia.

A pesar do risco que corres gústame moito este deporte e en ningún momento creo que me chegue a aburrir; practico este deporte dende fai un ano e medio con amigos porque eu non teño unha bici de descenso, procurarei aprobar todo este ano para que poidan comprarme unha bicicleta aínda que sexa de 2ª man.

 

 20070812_moelfre_dh_dan_atherton_500

Novembro 9, 2009 | Deixe un comentario  

SAMAÍN

bello7

 

 

 É a festividade de orixe celta máis importante na que  se celebra ao final da tempada de colleitas, era considerada como o Ano novo celta, que comenzaba coa estación escura. Foi practicada desde fai máis de tres mil anos polos pobos celtas que poboaron toda Europa.

Desde hai uns anos estase recuperando. Rafael López Loureiro, mestre da escola de Cedeira (A Coruña) foi o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar que existía por toda Galicia ata fai menos de 30 anos. Ademais, este estudoso analizou a relación do costume das cabazas co culto á morte.

Hoxe en dia celébrase sobre todo en moitos colexios con actividades variadas: exposición de cabazas, semana do medo na biblioteca, cancións, elaboración de comidas, etc. Tamén se celebra en diferentes vilas e cidades galegas, como a de Ferrol, que podedes ver no cartel.

Asi que xa sabedes máis SamaÍn e menos Halloween que para iso é a nosa tradición.

Novembro 5, 2009 | Deixe un comentario  

Next Page →