Mientras estés viva, siéntete viva
(Madre Teresa de Calcuta)

Siempre ten presente que la piel se arruga,
el pelo se vuelve blanco,
los días se convierten en años…
Pero lo importante no cambia,
tu fuerza y tu convicción no tienen edad.
Tu espíritu es el plumero de cualquier teleraña.
Detrás de cada línea de llegada, hay una de partida.
Detrás de cada logro, hay otro desafío.
Mientras estés viva, siéntete viva.
Si extrañas lo que hacías, vuelve a hacerlo.
No vivas de fotos amarillas…
Sigue aunque todos esperen que abandones.
No dejes que se oxide el hierro que hay en ti.
Haz que en vez de lástima, te tengan respeto.
Cuando por los años no puedas correr, trota.
Cuando no puedas trotar, camina.
Cuando no puedas caminar, usa el bastón…
¡Pero nunca te detengas!

 

 

 

O 8 de marzo conmemórase o día internacional da muller traballadora. A orixe desta data remóntase a 1857 cando en Nova York houbo unha marcha de mulleres traballadoras dunha fábrica téxtil en protesta polas condicións do seu traballo.

Outro feito importante que condicionou esta data ocorreu en 1908 tamén en Nova York cando un grupo de mulleres traballadoras, costureiras industriais de grandes fábricas decláranse en folga para protestar polas súas condicións laborais, piden un aumento dos salarios, unha redución da xornada laboral e o fin do traballo infantil. Durante esta folga pacífica 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, este incendio foi provocado polos mesmo donos da fábrica.
Crese que isto ocorreu o 8 de marzo dese ano.

En 1909 celebrouse por primeira vez nos EEUU o día da muller traballadora respondendo a unha declaración do Socialist Party of America. Este día, 8 de marzo, foi proposto en 1910 como día internacional da muller traballadora durante o Congreso Internacional de Mulleres Socialistas en Dinamarca. En 1911, ao ano seguinte e en resposta a este decreto, máis dun millón de mulleres e homes europeos participaron en manifestacións por demandas de igualdade para a muller.

Recoñecemento: O 8 de marzo de 1977 a oficina dos Nacións Unidas declarou O Día Internacional de Mulleres Traballadores, e a cor para representar os esforzos das mulleres que morreron é o lila.

Lembra, é importante recordar que este día non é para celebracións. Este día é para a conmemoración, e dar ás mulleres o respecto e a igualdade que se merecen. A situación da muller avanzou de forma moi significativa desde aquel 8 de marzo, con todo, aínda quedan moitas cousas por facer para que a igualdade sexa completa entre homes e mulleres.

Podedes facer o vosa homenaxe comentando algo de interese, por exemplo unha pequena historia referida a unha muller importante ou investigar e poñer algunha cifra negativa que hai que reducir como o número de mulleres mortas por violencia de xénero.

FAI O TEU COMENTARIO ¿OU ES INDIFERENTE?