Este ano está adicado a Valentín Paz Andrade, que  destacou como persoa polifacética. Sabías que foi impulsor, xunto con Manuel Fernández, de Pescanova, a primeira gran multinacional pesqueira galega? Podes ler un artigo onde destaca a faceta de empresario e poeta aquí.

Aproveito esta conmemoración para informarvos que temos unha páxina da Real Academia da Lingua Galega que proporciona moita información interesante e ademais un dicionario para poder perfeccionar o uso do galego e resolver as dúbidas que teñamos. Usádeo e feliz día a todos!