Coas imaxes podemos comunicar un millón de cousas.A min, gustaríame estudar  Comunicación audiovisual. A razón é bastante simple, dende moi pequena estiven ligada ao mundo do teatro, pero á hora de buscar un traballo, Arte Dramático é unha carreira moi arriscada, posto que a inestabilidade laboral é moi grande e a taxa de paro entre os actores, é inmensa.

Algunhas veces pensei que sempre podería crear unha asociación,  e dar nun grupo as miñas clases de teatro. Pero despois de observar como no meu grupo, hai máis gastos que recompensa, decidín que debía buscar outras saídas. Por iso sentinme atraída por Comunicación Audiovisual posto que está bastante relacionada coas Artes Escénicas. Se estudias C.A as túas posibilidades poderán ser: guionista, deseñador, productor, realizador e director. O problema de esta carreira é que hai unha alta taxa de paro (un 19%) e ten unha nota de corte bastante elevada. Se quixera montar unha empresa, tería varias opcións, pero a máis rentable, sería crear unha empresa especializada nos diferentes ámbitos da producción de eventos e a comunicación audiovisual.Actualmente, os estudantes que xa remataron a carreira e están traballando, alegan que xa non basta con ter boas notas na carreira, e que o curriculo, a pesar de ser importante, no o é tanto como antes. O que verdadeiramente miran as empresas antes de contratarte é que teñas iniciativa, sexas imaxinativo, crítico e aportes unha xenerosa cantidade de ideas das que poidan sacar unha boa cantidade de diñeiro.