O Parlamento Europeo puxo en marcha o 10 deste mes o proxecto polo que busca fotógrafos invitados para a súa páxina web e as súas plataformas nas redes sociais. A Eurocámara reta a quen posúan unha cámara e teñan curiosidade e interese polos asuntos europeos, a apuntarse á edición 2014 deste proxecto online.

Sabías que hai eleccións europeas en maio deste ano?  pois ata esa data, cada mes proporase un tema diferente de especial interese relacionado coa Unión Europea. O único que hai que facer é inspirarse neste tema, a túa foto podería ser escollida para ser publicada na web da Eurocámara e nas súas plataformas nas redes sociais.

O tema de xaneiro son as emisións de gases con efecto invernadero de coches e furgonetas. Dispós de prazo ata o mércores 29 de xaneiro a media noite, hora centroeuropea, para enviar a túa foto e participar este mes.

Pincha na imaxe e obtén máis información deste concurso europeo!