O déficit é a escasez dalgún ben, como ben pode ser a comida ou os cartos, que será experimentada por unha persoa como consecuencia de non posuir unha renta suficiente para obtelo.

O saldo presupuestario público (déficit público) dun país é igual á diferencia entre os ingresos e gastos das administrcións públicas. Cando os ingresos superan ós gastos prodúcese unha situción contraria á que se dá cando os gastos, que realiza o estado ou outras entidades públicas, superan ós ingresos. este proceso contabilizase no período dun ano, normalmente.

Cando nos referimos a este termo, estamos a falar do balance das contas de todas as administracións públicas dun determinado país, no cal están incluídos o estado nacional, as comunidades autónomas, concellos e provincias principalmente.

A contabilidade nacional é a forma de medición cuantitativa do déficit público. Esta medición aporta a medida máis exacta do déficit, mentres que para medir a súa transcendencia, é dicir a súa importancia na economía, utilízase o ratio (cociente) que presenta o déficit sobre o Producto Interior Bruto (PIB), que habitualmente se expresa en porcentaxe.

Profundizando un pouco máis no concepto, podemos considerar o déficit primario como outra importante forma de medición en canto a súa precisión. Este tipo de déficit revela os efectos das medidas fiscais sobre a deuda neta no sector público, polo que resulta bastante útil para comprobar a sostenibilidade do sector público, para iso debemos ter en conta a inflación, xa que pode afectar ós pagos dos intereses.

Webgrafía:

http://www.definicionabc.com/economia/deficit-publico.php

http://www.expansion.com/diccionario-economico/deficit-publico.html

http://dle.rae.es/?id=VEJNvfy

https://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%A9ficit_presupuestario