“Moitos mozos saen da universidade cunha tarxeta de crédito e un diploma. Pero non saben como comprar unha casa ou un coche ou un seguro de vida ou saúde. Non saben microeconomía” Jesse Jackson

“Hai dous pans. Vostede come os dous. Eu ningún. Consumo promedio: Un pan por persoa” (Microeconomía) Nicannor Parra

 

Coñecese microeconomía (do prefixo grego mikro- que significa pequena e do grego: οἰκονομία oikonomía, de οἶκος oîkos, «casa», y νόμος nomos, «lei» )  como a parte da economía que estuda o comportamento económico dos factores económicos individuais. É unha rama da economía que estuda como os fogares e as empresas toman decisións para asignar os seus limitados recursos, normalmente nos mercados onde os produtos ou os servizos cómpranse e véndense. A Microeconomía examina como estas decisións e  comportamentos afectan á oferta e a demanda de bens e servizos, que determina os prezos, e como os prezos, á súa vez, determinan a oferta e a demanda de bens e servizos.

Un dos obxectivos da microeconomía é analizar os mecanismos de mercado que establecen os prezos relativos entre bens e servizos e a asignación de recursos limitados entre moitos outros usos.  Tamén estuda como ven afectadas as unidades económicas ante factores externos a elas (a política dos gobernos ou a situación da economía internacional, entre outros).

Desta forma, a microeconomía convértese nun medio fundamental do estudo da teoría económica, posto que achega estudo e coñecemento acerca das unidades económicas individuais, estudos que serven como base para que outras áreas, como a macroeconomía, desenvolver as súas teorías e, así, en conxunto, a economía poida dar explicación a feitos e fenómenos observados e facer posibles as predicións sobre sucesos futuros.

Hai un milleiro de novas relacionadas coa microeconomía, debido en parte, a que é unha parte da economía moi ampla. Citarei as máis relevantes desta semana.(La Voz de Galicia, semana do 7 ao 13 de marzo de 2016)

“As ventas do pequeno comercio galego rebotan e  lideran o crecemento do sector na península”

“Galicia comeza a saída da crise con 11.000 empresas menos”

“Inditex repartirá 37,4 millóns de euros en incentivos a empregados, “unha iniciativa que nos gusta”

 

Fontes:

https://en.wikipedia.org/wiki/Microeconomics

https://es.wikipedia.org/wiki/Microeconom%C3%ADa

http://www.enciclopediafinanciera.com/teoriaeconomica/microeconomia.htm

http://www.banrepcultural.org/blaavirtual/ayudadetareas/economia/microeconomia

http://definicion.de/microeconomia/