FISCALIDADE: conxunto de normas legais e reglamentacións en vigor en material fiscal, e procedementos da facenda pública dun Estado sobre as taxas, impostos e contribucións (os tres son tributos).

A política fiscal na Unión Europea (UE) componse de dúas ramas: a fiscalidade directa, que é competencia exclusiva dos Estados membros, e a fiscalidade indirecta, que afecta á libre circulación de mercadorías e á libre prestación de servizos no mercado único.

Con todo, en materia de fiscalidade directa, a UE estableceu algunhas normas harmonizadas para a fiscalidade das sociedades e a tributación persoal, e os Estados membros tomaron medidas conxuntas para evitar a evasión fiscal e a dobre imposición.

Con respecto á fiscalidade indirecta, a UE coordina e harmoniza as leis relativas ao imposto sobre o valor engadido (IVE) e os impostos especiais. Esta garante que a competitividade do mercado interno non se vexa distorsionada polas variacións das taxas de fiscalidade indirecta e polos sistemas que ofrezan ás empresas dun país vantaxes desleais sobre outros.

Enlace da imaxe:

 http://djasesores.es/wp-sitios/uploads/sites/3/2014/05/slider-fiscalidad-1.jpg

http://www.eaeprogramas.es/internacionalizacion/wp-content/uploads/2014/08/Como-prepararse-para-afrontar-los-retos-de-la-fiscalidad-internacional.jpg

Webgrafía:

http://economia.elpais.com/economia/2015/01/19/actualidad/1421694008_143521.html

http://www.fiscal-impuestos.com/

http://www.expansion.com/noticias/fiscalidad.html