Resultado de imaxes para drogas

Moitas veces, cando falamos de drogas, centrámonos nos efectos que o seu consumo ten para as persoas, nas enfermidades que causan, na adicción que provocan… Mais o calado das drogas na nosa sociedade vai máis aló.

Como non podía ser doutro xeito, tratándose dunha entrada para un blogue de economía, analizaremos o seu papel nesta.

Poderíamos comezar falando da xeración de emprego derivada das actividades tanto legais coma ilegais relacionadas coas substancias estupecientes. Por exemplo: Só entre bares e restaurantes, no noso país dase traballo un total de 1, 19 millóns de persoas, máis aproximadamente, uns 10.000 postos directos de emprego nas diferentes fábricas de cervexas nacionais.

A viticultuta é tamén unha actividade extremadamente enriquecedora, dependendo económicamente dela grandes rexións. Por exemplo, o Ribeiro, ou a Ribeira Sacra, son dúas zonas xeográficas que dependen aínda en boa medida da súa produccion enolóxica para a súa economía.

Igualmente o tabaco move unha cantidade desmesurada de cartos, fumándose no mundo unha media de 1 millón de cigarrillos cada cinco segundos e medio, cun coste de 200.000 euros.

Todo isto, tradúcese en moitísimos impostos indirectos que van a Facenda, sendo, de media un 40% do prezo das bebidas alcohólicas, (variando esta porcentaxe segundo a bebida concreta) impostos, e no caso do tabaco, o 84%, o que supón uns ingresos de 9.291 millóns de euros anuas para as arcas públicas.

Así, tamén as drogas ilegais, que a simple vista, so mostran a súa faciana negativa, son os alicerces económicos para moitas familias dos sectores sociais maís pobres, que dependen desta actividade para sobrevivir, aínda sendo prexudicial para moitos outros seres humáns. Tamén estas actividades ilícitas crean postos de empleo para contrarrestalas, tales como axentes antidrogas, policías, gardas costeiros etc.

Logo, e tendo en conta estes datos, podemos considerar, que se ben a nivel social, humán, e de saúde, as drogas son extremadamente perniciosas, a nivel económico, e sobre todo en España, supoñen un gran motor.

Fontes:

https://drogacero.wordpress.com/2014/12/03/efectos-economicos-de-las-drogas/

http://www.mic.gov.py/v1/sites/172.30.9.105/files/BEBIDAS.pdf

http://www.elconfidencial.com/economia/2016-02-16/espana-es-un-bar-1-54-millones-de-trabajadores-viven-ya-de-la-hosteleria_1152629/

Los impuestos del alcohol y el tabaco