IVE (imposto ao valor engadido ou impostos sobre o valor engadido)

O IVE é un imposto indirecto; chámase así porque a diferenza dos impostos directos, non repercute directamente sobre os ingresos, pola contra, recae sobre os custos de produción e venda das empresas e calcúlase sobre os prezos que os consumidores pagan polos devanditos produtos. Isto significa que se aplica sobre o consumo e que resulta financiado polo consumidor final. Dise que é un imposto indirecto que o fisco non o recibe directamente do contribuínte.

O cobro do IVE concrétase cando unha empresa vende un produto ou servizo e emite a factura correspondente. As compañías, polo xeral, teñen o dereito de recibir un reembolso do IVE que pagaron a outras empresas a cambio de facturas, o que se coñece como crédito fiscal, restándo do monto de IVE que cobran aos seus clientes (o débito fiscal). A diferenza entre crédito fiscal e débito fiscal debe ser entregada ao fisco.

¿Como se calcula a cantidade para pagar?

IVE repercutido = Prezo de Venda × Tipo de IVE repercutido de cada factura emitida.

IVE soportado = Prezo de compra × Tipo de IVE soportado de cada factura recibida por compras e gastos.

IVE a pagar = IVE repercutido – IVE soportado

O pago fraccionado de IVE realizarase presentando o modelo 303 ata o día 20 dos meses de abril, xullo e outubro e ata o 30 de xaneiro. Se se cotiza en módulos estando acollido ao réxime simplificado de IVE, o impreso a presentar é o 310 os tres primeiros trimestres e o 311 o cuarto. Complétase co resumo anual de IVE a presentar no modelo 390 no mes de xaneiro.

Se o IVE soportado fose maior ao repercutido, na declaración anual poderase solicitar a Facenda a devolución da diferenza ao noso favor. Esta devolución adoita ter lugar, por tanto, entre os meses de marzo e xuño do ano seguinte.

Tipos de IVE e Exencións de IVE

Actividades exentas: servizos médicos e sanitarios, educación e formación, sociedades culturais e deportivas, operacións financeiras e de seguros e aluguer de vivendas.

IVE super-reducido (4%).

4%: tipo superreducido aplicable a alimentos (pan, fariñas, cereais, leite, queixos, ovos e froitas e verduras), libros, xornais, revistas, medicamentos, produtos e servizos para discapacitados e vivendas de protección oficial (VPO).

IVE reducido (10%).

Tipo reducido aplicable entre outras actividades a:

Bens: resto de produtos de alimentación, incluídos os de animais, bens para agricultura e gandería (sementes, fertilizantes, herbicidas, plásticos), flores e plantas, auga, medicamentos para animais, lentes e lentes de contacto, equipos e instrumental médico, vivendas.

Servizos: transporte terrestre de viaxeiros, hostalería, restaurantes, cámpings, balnearios, servizos para explotacións agrícolas, forestais e gandeiras, limpeza de rúas e parques públicos, recollida de lixos e tratamento de residuos, servizos culturais (cinema, teatro, museos, bibliotecas, circo), parques de lecer, servizos funerarios, asistencia sanitaria e dental, espectáculos deportivos, exposicións e feiras comerciais, execucións de obras e importación de arte e antigüidades.

IVE xeneral (21%).

O 21%, tipo xeral que se aplica ao resto de bens e servizos.

Fontes:

http://www.bolsamania.com/declaracion-impuestos-renta/tipos-de-iva/

http://infoautonomos.eleconomista.es/fiscalidad/iva/

http://www.agenciatributaria.es/AEAT.internet/Inicio/_Segmentos_/Empresas_y_profesionales/Empresas/IVA/IVA.shtml

http://www.banrepcultural.org/blaavirtual/ayudadetareas/economia/iva