En economía a Oferta Pública de Adquisición é a proposta feita aos accionistas dunha empresa que cotiza en bolsa para comprar as súas accións. A empresa “opante” intenta comprar as accións a un precio superior ao de cotización e podería ser polo tanto unha operación rentable para os accionistas da sociedade absorbida.

 

Os accionistas vendedores poden recibir diñeiro ou ben valores da sociedade “opante”.

 

TIPOS DE OPAS

  1. OPAS obrigatorias: é forzosa por cuestión legais cando se produce un cambio no control dunha empresa.
  2. OPAS voluntarias: non están limitadas legalmente, nin o precio nin o número de accións realizados na oferta.
  3. OPAS por tema de control: no momento en que a nova empresa faise co control da sociedade opada debe ofertar aos accionistas desta un prezo axustado sobre as súas accións.
  4. OPAS competidoras: dentro do prazo de oferta, son aquelas que se presentan sobre unha empresa á que xa se ha ofertado otra OPA.
  5. OPAS de exclusión: a empresa vai deixar de cotizar en bolsa, o que permite aos accionistas vendelas a cambio solo de diñeiro antes do seu abandono da bolsa.
  6. OPAS amistosas: son as que se alcanzan tras un acordo entre ambas partes.
  7. OPAS hostil: realizadas sobre unha empresa sen o consentimento do Consello de Administración da mesma. A non ser que os membros de dito Consello posuán a maior parte de acción da sociedade, ningunha empresa está libre dunha posible OPA hostil. A empresa ofertante, deberá intentar manter o segredo da operación, antes da oferta, para evitar o encarecemento das accións. A pesar do seu nome, debemos recordar que os accionistas non perden, xa que teñen a posibilidade de vender si lles gusta a oferta e , si non lles gusta, quédanse coma antes.

Todas as OPAS están sometidas á lexislación vixente, Lei 6/2007, de 12 abril.

 

 

En conclusión podemos dicir que as OPAS resultan rentables para accionista e directivos da empresa, permiten a fusión en grupos financieiros, o seu crecemento e a diversificación dos seus capitais. Ademais, ante o temor a que os accionistas respondan a unha OPA, os consellos de administración procurarán ter unha boa xestión que permita repartir dividendo que mantengan a fidelidade dos seus inversores.

Temos o exemplo da cerveceira Damn que lanzou e aceptou unha OPA de exclusión  no outono de 2014, unha compañía que presenta beneficios ano tras ano abandona a cotización en bolsa co obxevtivo de aproveitar as ventaxas fiscais que ofrece a actual lexislación, á vez dase liquidez aos pequenos accionistas e se establece en igualdade cos seus competidores, que tampouco cotizan en bolsa. As accións colocáronse na autocarteira da empresa e amortizáronse, o que levou a unha reducción de capital. A cerveceira seguiu o exemplo doutras compañías alimentarias como Campofrío, Omsa ou Telepizza, que tamén abandonaron a bolsa.

Fontes consultadas:

http://www.cnmv.es/DocPortal/Publicaciones/Fichas/FOLLETO_OPA.PDF

https://portal.lacaixa.es/docs/diccionario/O_es.html#OPA-HOSTIL

Definición de opa – Qué es, Significado y Concepto http://definicion.de/opa/#ixzz41U4njsCb

http://www.cnmv.es/Portal/Inversor/Opas-Tipos.aspx

http://ciberconta.unizar.es/bolsa/13asp.htm

http://www.expansion.com/diccionario-economico/opa-hostil.html