Glosario de economía

Competencia [Cast.: Competencia. Ingl.: Competition]

A competencia é unha característica que presentan certos mercados como por exemplo o de competencia monopolística ou o oligopolio. Outros como o monopolio non presentan este rasgo.

Pero , ¿En qué consiste realmente a competencia?¿É unha característica positiva ou negativa?

Existen diversidade de opinións acerca deste concepto pero a pesar de todo podería establecerse un concepto común.

A competencia é unha situación onde existe un número determinado de compradores e de vendedores que intentan maximizar o seu beneficio e na que os prezos  están determinados únicamente pola lei da demanda e da oferta.

E sobre todo é moi importante destacar que existe unha  gran relación entre o grado de competencia no mercado e os beneficios que obtén a empresa.

Por exemplo, se se trata dun monopolio, que é un tipo de mercado no que non existe competencia, as empresas obterán uns beneficios extraordinarios.

Pero en cambio se se trata dun mercado de competencia monopolística, no que sí existe competencia, os ingresos das empresas serán normais.

Visto desde este punto, a competencia resulta prexudicial para o empresario, xa que as súas ganancias vense reducidas.

Pero, ¿Por qué o nivel de beneficio se asocia con este concepto?

Débese fundamentalmente a que a competencia é a existencia de varias empresas no mercado  e polo tanto vense obrigadas a reducir o prezo dos seus produtos para conseguir acaparar o maior número de compradores posible. Mentres que no caso do monopolio , unicamente existe unha empresa, e polo tanto pode poñer o prezo  que desee porque como é a única que sumistra un producto, este o prezo que esté, se os consumidores desexan adquirilo, deberán recurrir a ela.

Malia a  todo isto, a competencia ten unha parte positiva, que afecta fundamentalmente aos consumidores.

A existencia de varias empresas nun mercado, leva a que cada unha dea o mellor de sí. Que busque a mellor calidade do seu produto, que realice unha destacada campaña publicitaria, que rebaixe os prezos, ou que leve a cabo calquera tipo de estratexia que a faga diferente do resto, e polo tanto máis atractiva aos ollos do comprador.

Así que a parte positiva da competencia afectanos únicamente a nós como consumidores, mentres que para as empresas resulta un obstáculo na súa labor.

Fontes :

http://www.banrepcultural.org/blaavirtual/ayudadetareas/economia/competencias_del_mercado

http://www.finanzzas.com/competencia-de-mercado

http://www.economia48.com/spa/d/competencia/competencia.htm

https://es.wikipedia.org/wiki/Competencia

Imaxen:

http://3.bp.blogspot.com/-Qfo5ONRwFQg/VPiJP7lCAiI/AAAAAAAAAQQ/T5Qam6yDN4E/s1600/ges7_15.png


OPA (Ingl.: Takeover bid)

En economía a Oferta Pública de Adquisición é a proposta feita aos accionistas dunha empresa que cotiza en bolsa para comprar as súas accións. A empresa “opante” intenta comprar as accións a un precio superior ao de cotización e podería ser polo tanto unha operación rentable para os accionistas da sociedade absorbida.

 

Os accionistas vendedores poden recibir diñeiro ou ben valores da sociedade “opante”.

 

TIPOS DE OPAS

  1. OPAS obrigatorias: é forzosa por cuestión legais cando se produce un cambio no control dunha empresa.
  2. OPAS voluntarias: non están limitadas legalmente, nin o precio nin o número de accións realizados na oferta.
  3. OPAS por tema de control: no momento en que a nova empresa faise co control da sociedade opada debe ofertar aos accionistas desta un prezo axustado sobre as súas accións.
  4. OPAS competidoras: dentro do prazo de oferta, son aquelas que se presentan sobre unha empresa á que xa se ha ofertado otra OPA.
  5. OPAS de exclusión: a empresa vai deixar de cotizar en bolsa, o que permite aos accionistas vendelas a cambio solo de diñeiro antes do seu abandono da bolsa.
  6. OPAS amistosas: son as que se alcanzan tras un acordo entre ambas partes.
  7. OPAS hostil: realizadas sobre unha empresa sen o consentimento do Consello de Administración da mesma. A non ser que os membros de dito Consello posuán a maior parte de acción da sociedade, ningunha empresa está libre dunha posible OPA hostil. A empresa ofertante, deberá intentar manter o segredo da operación, antes da oferta, para evitar o encarecemento das accións. A pesar do seu nome, debemos recordar que os accionistas non perden, xa que teñen a posibilidade de vender si lles gusta a oferta e , si non lles gusta, quédanse coma antes.

Todas as OPAS están sometidas á lexislación vixente, Lei 6/2007, de 12 abril.

 

 

En conclusión podemos dicir que as OPAS resultan rentables para accionista e directivos da empresa, permiten a fusión en grupos financieiros, o seu crecemento e a diversificación dos seus capitais. Ademais, ante o temor a que os accionistas respondan a unha OPA, os consellos de administración procurarán ter unha boa xestión que permita repartir dividendo que mantengan a fidelidade dos seus inversores.

Temos o exemplo da cerveceira Damn que lanzou e aceptou unha OPA de exclusión  no outono de 2014, unha compañía que presenta beneficios ano tras ano abandona a cotización en bolsa co obxevtivo de aproveitar as ventaxas fiscais que ofrece a actual lexislación, á vez dase liquidez aos pequenos accionistas e se establece en igualdade cos seus competidores, que tampouco cotizan en bolsa. As accións colocáronse na autocarteira da empresa e amortizáronse, o que levou a unha reducción de capital. A cerveceira seguiu o exemplo doutras compañías alimentarias como Campofrío, Omsa ou Telepizza, que tamén abandonaron a bolsa.

Fontes consultadas:

http://www.cnmv.es/DocPortal/Publicaciones/Fichas/FOLLETO_OPA.PDF

https://portal.lacaixa.es/docs/diccionario/O_es.html#OPA-HOSTIL

Definición de opa – Qué es, Significado y Concepto http://definicion.de/opa/#ixzz41U4njsCb

http://www.cnmv.es/Portal/Inversor/Opas-Tipos.aspx

http://ciberconta.unizar.es/bolsa/13asp.htm

http://www.expansion.com/diccionario-economico/opa-hostil.html

 


Fiscalidade. [Cast.: Fiscalidad. Ingl.: Taxation]

 

FISCALIDADE: conxunto de normas legais e reglamentacións en vigor en material fiscal, e procedementos da facenda pública dun Estado sobre as taxas, impostos e contribucións (os tres son tributos).

A política fiscal na Unión Europea (UE) componse de dúas ramas: a fiscalidade directa, que é competencia exclusiva dos Estados membros, e a fiscalidade indirecta, que afecta á libre circulación de mercadorías e á libre prestación de servizos no mercado único.

Con todo, en materia de fiscalidade directa, a UE estableceu algunhas normas harmonizadas para a fiscalidade das sociedades e a tributación persoal, e os Estados membros tomaron medidas conxuntas para evitar a evasión fiscal e a dobre imposición.

Con respecto á fiscalidade indirecta, a UE coordina e harmoniza as leis relativas ao imposto sobre o valor engadido (IVE) e os impostos especiais. Esta garante que a competitividade do mercado interno non se vexa distorsionada polas variacións das taxas de fiscalidade indirecta e polos sistemas que ofrezan ás empresas dun país vantaxes desleais sobre outros.

Enlace da imaxe:

 http://djasesores.es/wp-sitios/uploads/sites/3/2014/05/slider-fiscalidad-1.jpg

http://www.eaeprogramas.es/internacionalizacion/wp-content/uploads/2014/08/Como-prepararse-para-afrontar-los-retos-de-la-fiscalidad-internacional.jpg

Webgrafía:

http://economia.elpais.com/economia/2015/01/19/actualidad/1421694008_143521.html

http://www.fiscal-impuestos.com/

http://www.expansion.com/noticias/fiscalidad.html


Microeconomía (Cast: Microeconomía. Ingl: Microeconomics)

“Moitos mozos saen da universidade cunha tarxeta de crédito e un diploma. Pero non saben como comprar unha casa ou un coche ou un seguro de vida ou saúde. Non saben microeconomía” Jesse Jackson

“Hai dous pans. Vostede come os dous. Eu ningún. Consumo promedio: Un pan por persoa” (Microeconomía) Nicannor Parra

 

Coñecese microeconomía (do prefixo grego mikro- que significa pequena e do grego: οἰκονομία oikonomía, de οἶκος oîkos, «casa», y νόμος nomos, «lei» )  como a parte da economía que estuda o comportamento económico dos factores económicos individuais. É unha rama da economía que estuda como os fogares e as empresas toman decisións para asignar os seus limitados recursos, normalmente nos mercados onde os produtos ou os servizos cómpranse e véndense. A Microeconomía examina como estas decisións e  comportamentos afectan á oferta e a demanda de bens e servizos, que determina os prezos, e como os prezos, á súa vez, determinan a oferta e a demanda de bens e servizos.

Un dos obxectivos da microeconomía é analizar os mecanismos de mercado que establecen os prezos relativos entre bens e servizos e a asignación de recursos limitados entre moitos outros usos.  Tamén estuda como ven afectadas as unidades económicas ante factores externos a elas (a política dos gobernos ou a situación da economía internacional, entre outros).

Desta forma, a microeconomía convértese nun medio fundamental do estudo da teoría económica, posto que achega estudo e coñecemento acerca das unidades económicas individuais, estudos que serven como base para que outras áreas, como a macroeconomía, desenvolver as súas teorías e, así, en conxunto, a economía poida dar explicación a feitos e fenómenos observados e facer posibles as predicións sobre sucesos futuros.

Hai un milleiro de novas relacionadas coa microeconomía, debido en parte, a que é unha parte da economía moi ampla. Citarei as máis relevantes desta semana.(La Voz de Galicia, semana do 7 ao 13 de marzo de 2016)

“As ventas do pequeno comercio galego rebotan e  lideran o crecemento do sector na península”

“Galicia comeza a saída da crise con 11.000 empresas menos”

“Inditex repartirá 37,4 millóns de euros en incentivos a empregados, “unha iniciativa que nos gusta”

 

Fontes:

https://en.wikipedia.org/wiki/Microeconomics

https://es.wikipedia.org/wiki/Microeconom%C3%ADa

http://www.enciclopediafinanciera.com/teoriaeconomica/microeconomia.htm

http://www.banrepcultural.org/blaavirtual/ayudadetareas/economia/microeconomia

http://definicion.de/microeconomia/


Inflación (Cast: inflación. Ingl: inflation)

O termo inflación provén do latín inflatio, o termo en si é o aumento xeneralizado do nivel de prezos dos bens e servizos, medido fronte a un poder adquisitivo estable. Defínese tamén como a caída no valor de mercado ou do poder adquisitivo dunha moeda, o que se diferencia da depreciación, dado que esta última refírese á caída no valor da moeda dun país en relación a outra moeda cotizada nos mercados.

 

Inflación de demanda: consiste en que a demanda xeral de bens increméntase, sen que o sector produtivo teña tempo de adaptar a cantidade de bens producidos á demanda existente.

Inflación de custos: cando o custo da man de obra ou as materias primas encarécese, e nun intento de manter a taxa de beneficio, os produtores incrementan os prezos.

Inflación autoconstruída: o feito de que os axentes prevén aumentos futuros de prezos e axustan a súa conduta actual a esa previsión futura.

Para intentar controlar este fenómeno, os Bancos Centrais poden influír fixando a taxa de interese e controlando a masa monetaria. As taxas de interese altas son unha forma tradicional de combater a inflación, o lado negativo desta política é que pode frear o crecemento na economía dun país e promover o desemprego.

Fontes de información:

http://definicion.de/inflacion/

https://gl.wikipedia.org/wiki/Inflaci%C3%B3n

http://www.economia.com.mx/inflacion.htm

http://www.definicionabc.com/economia/inflacion.php

 


Externalidade [Cast.:externalidad; Ingl.:externality]

As externalidades son situacións que se producen cando un axente económico realiza actividades que producen efectos colaterais sobre outros axentes que non están directamente implicados na actividade (pero si se ven beneficiados ou perxudicados por ela), e non asume o custo ou beneficio da súa actividade.

Ao non asumir estes custos ou beneficios, a empresa tampouco os reflicte nos prezos, e iso supón que o mercado estará dando unha información incorrecta, xa que se están excluíndo partes dos custos e beneficios e, polo tanto, as decisións económicas que se tomen en función do prezo de mercado dun produto non serán plenamente eficientes, nin terán en conta as externalidades derivadas da súa producción.

Este defecto do mercado é unha das principais razóns que levan aos gobernos a intervir en economía, penalizando as externalidades negativas e favorecendo con axudas e subvencións as externalidades positivas.

As externalidades están presentes en moitas das actividades humanas e é relativamente sinxelo atopar exemplos delas na nosa vida cotiá. A este respecto, atopei algúns artigos de gran interese:

http://economy.blogs.ie.edu/archives/2007/12/externalidades.php

Como todos sabemos, a produción de enerxía mediante a utilización de combustibles fósiles é unha das principais causas da emisión de gases de efecto invernadoiro a atmosfera que, a súa vez, son os causantes do quentamento global. A externalidade do quentamento global supón un enorme custo para a sociedade (tanto a longo como a corto prazo).

  

Sen embargo, aínda non existen medidas efectivas que consigan contabilizar o volumen de contaminación que cada industria libera e que as obriguen a pagar taxas e multas por estas emisións. Ante a falta de incentivos, as empresas non verán necesario reducir a producción de enerxía fósil e apostar por enerxías renovables, cuxa obtención será probablemente máis custosa, e, como consecuencia desta externalidade negativa, a sociedade en conxunto vese perxudicada.

No seguinte artigo plantéxase a mesma situación pero dende un punto de vista que invita ao optimismo de cara ao futuro:

http://www.energias-renovables.com/articulo/petroleo-barato–menos-renovables–20160201

As externalidades tamén poden ser positivas e xerar un beneficio para a sociedade…

http://es.euronews.com/2015/08/01/la-vacuna-contra-el-ebola-vsv-ebov-es-eficaz/

O descubrimento dunha vacina contra unha enfermidade tan mortífera como foi o ébola, causou un efecto moi beneficioso para a sociedade e, a pesares de que a patente pertence a dúas farmacéuticas (New Link Genetics e Merck), o beneficio social xerado é superior ao beneficio privado destas.

Sexan as externalidades positivas ou negativas, é necesario que os seus resultados sexan visibles para todos os axentes económicos e que teñan unha consecuencia directa sobre o axente que as xera e, para iso, a intervención do Estado resulta fundamental.

Fontes: 

http://economy.blogs.ie.edu/archives/2011/02/%C2%BFque-son-las-externalidades.php

http://www.elblogsalmon.com/conceptos-de-economia/que-son-las-externalidades

https://es.wikipedia.org/wiki/Externalidad

 


Imposto〔Cast.: Impuesto, Ingl.: Tax〕

“En este mundo, ninguna cosa es cierta salvo la muerte y los impuestos” (Benjamin Franklin)

“Todo impuesto debe salir de lo superfluo, y no de lo necesario” (Gaspar Melchor de Jovellanos)

Facturas, telexornais, discursos políticos… Hoxe en día a palabra imposto está por todas partes. Pero, ¿que son os impostos e por que temos que pagalos?

Imposto ven do latín impositus e refírese á cantidade de diñeiro que os individuos, familias e empresas deben pagar ao Estado ou a outro organismo da Administración pública, co fin de que se dispoñan dos ingresos necesarios para poder financiar os gastos públicos.

Os impostos directos son aqueles que recaen “directamente” sobre as persoas. Establécense tendo en conta a renda e o patrimonio de cada quen, por exemplo, o IRPF (Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas). Os impostos indirectos, en cambio, son os que se aplican aos bens e aos servizos, así como ás transaccións que se realizan con eles. Para entendelo mellor; as persoas pagan o imposto “indirectamente” ao mercar ou consumir algo. O exemplo máis claro e coñecido por todos é o IVE (Imposto ao Valor Engadido).

É importante comprender que a sanidade e a educación públicas, o alumeado das rúas, os parques, o servizo de limpeza das cidades, as becas, outro tipo de prestacións etc. fináncianse co diñeiro de todos a través dos nosos impostos, polo que ao pagalos estamos contribuíndo ao benestar da sociedade enteira.

Enlace da imaxe: 

http://www.saberinvertir.es/wp-content/uploads/2011/01/del-impuesto-sobre-sociedades-las-pymes-y-las-grandes-empresas.jpg

Webgrafía: 

https://debitoor.es/glosario/definicion-impuesto

http://www.banrepcultural.org/blaavirtual/ayudadetareas/economia/impuestos

http://definicion.de/impuesto/

http://www.frasesde.org/frases-de-economia.php

http://citasmiticas.com/categorias/economia/45/


Déficit público [Cast.: déficit público. Ingl.: budget deficit]

O déficit é a escasez dalgún ben, como ben pode ser a comida ou os cartos, que será experimentada por unha persoa como consecuencia de non posuir unha renta suficiente para obtelo.

O saldo presupuestario público (déficit público) dun país é igual á diferencia entre os ingresos e gastos das administrcións públicas. Cando os ingresos superan ós gastos prodúcese unha situción contraria á que se dá cando os gastos, que realiza o estado ou outras entidades públicas, superan ós ingresos. este proceso contabilizase no período dun ano, normalmente.

Cando nos referimos a este termo, estamos a falar do balance das contas de todas as administracións públicas dun determinado país, no cal están incluídos o estado nacional, as comunidades autónomas, concellos e provincias principalmente.

A contabilidade nacional é a forma de medición cuantitativa do déficit público. Esta medición aporta a medida máis exacta do déficit, mentres que para medir a súa transcendencia, é dicir a súa importancia na economía, utilízase o ratio (cociente) que presenta o déficit sobre o Producto Interior Bruto (PIB), que habitualmente se expresa en porcentaxe.

Profundizando un pouco máis no concepto, podemos considerar o déficit primario como outra importante forma de medición en canto a súa precisión. Este tipo de déficit revela os efectos das medidas fiscais sobre a deuda neta no sector público, polo que resulta bastante útil para comprobar a sostenibilidade do sector público, para iso debemos ter en conta a inflación, xa que pode afectar ós pagos dos intereses.

Webgrafía:

http://www.definicionabc.com/economia/deficit-publico.php

http://www.expansion.com/diccionario-economico/deficit-publico.html

http://dle.rae.es/?id=VEJNvfy

https://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%A9ficit_presupuestario


Usura [Cast.: Usura. Ingl.: Usury]

A usura procede da palabra en latín usura, denomínase así ao cobro dos intereses dun préstamo. Sen embargo, hoxe en día o concepto utilízase para determinar, nun contrato dun crédito, a ganancia excesiva que obtén o prestador ou o banco, do mesmo. É dicir, o termo vincúlase a un interés excesivo e a ganancia que obtén o prestamista ou neste caso usurero.

Usura non é unha palabra tan vella, xa que en 1492 os Reis Católicos valéronse deste termo para expulsar aos xudeos de España. E tamén no ordenamento español hai unha lei sobre a usura dende hai 108 anos que todavía na actualidade está vixente en parte, a lei do 23 de xulio de 1908.

Neste momento este concepto xera moita polémica, xa que dáse con moita frecuencia. Como por exemplo esta noticia  do xornal La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2015/11/18/caramelo-amargo-credito-facil/0003_201511G18P35991.htm

Onde exponse o alto cobro por microcréditos ou créditos express. Tamén exponse un caso no que unha entidade financeira cóbralle a un cliente indebidamente alegando unha cláusula chan na hipoteca que en realidade non existía.

Tendo en conta todas estas situacións recoméndase que, antes de asinar un crédito, nos informemos e aseguremos de facelo dunha forma correcta. E así evitar un problema.

Na actualidade, existen diversas páxinas webs que ofrecen información gratuita de como realizar un crédito de maneira fiable, coma por exemplo:

 http://www.crecenegocios.com/como-solicitar-un-prestamo-a-un-banco-o-entidad-financiera/

Fontes de información:

http://www.bolsamania.com/mejoresprestamos/que-se-considera-usura-en-espana/

http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=usura

https://es.wikipedia.org/wiki/Usura

http://definicion.de/usura/

1 Comment more...

  • agosto 2017
    L M X J V S D
    « May    
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
  • Comentarios recientes

  • Archivos

    Copyright © 1996-2010 €-conomízat. All rights reserved.
    iDream theme by Templates Next | Powered by WordPress