JUEGOS Y CONCURSOS

Concurso de cooperativismo II

BASES:

O Concello de Lugo, dentro das actividades de promoción do cooperativismo, convoca un concurso de fotografía co obxectivo de fomentar os valores cooperativos e o cooperativismo na nosa sociedade.

1ª.- Participantes

Poderán tomar parte no concurso todas aquelas persoas interesadas en participar.

2ª.- Categoría.

Establécense una única categoría na que se outorgarán tres premios, nas cales as fotografías deberán facer referencia ao

cooperativismo e aos valores que o inspiran.

3ª.- Condicións xerais:

– Cada persoa poderá presentar unha única obra.

– As obras deberán ser orixinais, e non poderán ter participado noutros concursos.

– As fotografías poderán ser realizadas con cámara fotográfica ou teléfono móbil.

– Serán rexeitadas todas as imaxes que atenten contra a política municipal en materia de igualdade, solidariedade, non

violencia, respecto á diferenza, e todas aquelas que presiden e informan a actividade municipal.

– No caso de menores de idade, a participación no concurso implicará a autorización tácita dos seus pais, nais, titoras ou

titores.

– A participación no concurso supón a cesión de forma gratuíta dos dereitos de comunicación e reprodución pública para a

difusión das fotografías e dos seus autores polo Concello de Lugo en calquera medio dixital ou escrito.

A remisión das fotografías realizarase a través da entrega delas, persoalmente ou por correo ordinario, nun sobre pechado, no interior do cal figurará a fotografía asinada na súa parte posterior cun pseudónimo, e un sobre que conterá os datos da persoa participante e o pseudónimo empregado. No exterior do sobre que conterá esta documentación figurará o seguinte enderezo:

Centro de Servizos Municipais, Rexistro Xeral do Concello de Lugo, ronda da Muralla, número 197, 27002 Lugo, indicando

Concurso de fotografía “Cooperativismo e valores cooperativos” (CEI-NODUS).

As fotografías entregadas fóra de prazo non serán admitidas no concurso.

– O prazo de presentación será do 20 de setembro ata o 20 de outubro de 2010.

– A título informativo, recórdase que o uso de imaxes e música preexistentes necesita a autorización escrita de quen posúa os seus dereitos; se aparecesen persoas recoñecibles a través de primeiros planos ou entrevistas, será necesaria a súa autorización e coñecer para o que están sendo fotografadas.

4ª.- Premios e xurado.

Establécense como premios os seguintes:

1º: Un ordenador portátil Netbook.

2º: Disco duro multimedia.

3º: Marco dixital con TDT.

Unha selección dos traballos gañadores será exhibida na web http://www.cei.lugo.es/

O xurado estará composto por:

– 1 Representante da Concellería de Economía e Emprego do Concello de Lugo

– 1 Representante da Concellería de Xuventude do Concello de Lugo

– 1 Representante do Consello Galego de Cooperativas

– 1 Representante da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

Así mesmo, e para os efectos do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e demais normativa de desenvolvemento, autorízase a utilización dos datos persoais contidos no formulario de participación para o seu tratamento informático na xestión da participación á que se refire.

Comentarios desactivados en Concurso de cooperativismo II more...

Concurso de cooperativismo I

BASES:

O Concello de Lugo, dentro das actividades de promoción do cooperativismo, convoca un concurso para o deseño da imaxe corporativa que agrupe a todas as cooperativas galegas. Os elementos que se incluirán no deseño da marca corporativa serán un logotipo, un nome e un slogan.

1ª.- Participantes

Poderán tomar parte no concurso todas aquelas persoas interesadas en participar.

2ª.- Categoría

Establécense unha única categoría na que se outorgarán tres premios para os mellores deseños de imaxe corporativa presentados.

3ª.- Condicións xerais:

– Cada persoa poderá presentar un único deseño de imaxe corporativa.

– Os deseños deberán ser orixinais, e non poderán ter participado noutros concursos.

– Serán rexeitados todos os deseños que atenten contra a política municipal en materia de igualdade, solidariedade, non

violencia, respecto á diferenza, e todas aquelas que presiden e informan a actividade municipal.

– No caso de menores de idade, a participación no concurso implicará a autorización tácita dos seus pais, nais, titoras ou

titores.

– A participación no concurso supón a cesión de forma gratuíta dos dereitos de comunicación e reprodución pública para a

difusión dos deseños de imaxe corporativa e dos seus autores polo Concello de Lugo en calquera medio dixital ou escrito.

A presentación dos deseños realizarase a través da entrega deles, persoalmente ou por correo ordinario, nun sobre pechado, no interior do cal figurará o deseño en papel asinado na súa parte posterior cun pseudónimo e un CD/DVD que conterá o deseño en formato dixital (jpg, tiff, psd…). Todo elo xunto cun sobre que conterá os datos da persoa participante e o pseudónimo empregado. No exterior do sobre que conterá esta documentación figurará o seguinte enderezo: Centro de Servizos Municipais, Rexistro Xeral do Concello de Lugo, ronda da Muralla, número 197, 27002 Lugo, indicando Concurso de Deseño de Imaxe Corporativa para cooperativas galegas (CEI-NODUS).

As propostas entregadas fóra de prazo non serán admitidas no concurso.

– O prazo de presentación será do 20 de setembro ao 20 de outubro de 2010.

– A título informativo, recórdase que o uso de imaxes e música preexistentes necesita a autorización escrita de quen posúa os seus dereitos; se aparecesen persoas recoñecibles a través de primeiros planos ou entrevistas, será necesaria a súa autorización e coñecer para que están sendo empregada a súa imaxe.

4ª.- Premios e xurado.

Establécense como premios os seguintes:

1º: Un ordenador portátil Netbook.

2º: Disco duro multimedia.

3º: Marco dixital con TDT.

Unha selección dos traballos gañadores será exhibida na web http://www.cei.lugo.es/

O xurado estará composto por:

– 1 Representante da Concellería de Economía e Emprego do Concello de Lugo

– 1 Representante da Concellería de Xuventude do Concello de Lugo

– 1 Representante do Consello Galego de Cooperativas

– 1 Representante da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

Así mesmo, e para os efectos do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e demais normativa de desenvolvemento, autorízase a utilización dos datos persoais contidos no formulario de participación para o seu tratamento informático na xestión da participación á que se refire.

Comentarios desactivados en Concurso de cooperativismo I more...

Concurso Bolsa.php

Se trata de un pequeño programa gratuíto en el que te ingresan 60.000 euros iniciales ficticios en tu cuenta; con este dinero puedes realizar únicamente la compra-venta de acciones de una empresa. Se compite a nivel de España y puedes reiniciar tu dinero o borrar tu cuenta en cualquier momento. El juego nunca acaba a menos que el dinero que posees sea negativo durante un máximo de 3 meses (bancarrota). Existen y estan disponibles todo tipo de empresas a nivel de España (desde Antena 3 hasta Zeltia). Para los interesados la web del concurso es: http://bolsaphp.sukiweb.net/

Comentarios desactivados en Concurso Bolsa.php more...

Arranca play! 2010 Desafío para Novos Emprendedores

Trátase dunha competición por equipos, na que te enfrontarás a equipos doutros colexios e institutos.

Cada un dos equipos será unha empresa que ten dous produtos en carteira: leite e iogures, e loitará por ser líder do mercado nacional e máis estranxeiro. Ao principio, todas as empresas parten dunha mesma situación, e deberán elaborar un plan de xestión para un ano. Todas as decisións serán introducidas no simulador e, á vista dos resultados obtidos, planificarase o ano seguinte.

Igual que pasa no mundo real, as empresas terán á súa disposición estudos de mercado que lles permitirá coñecer algúns dos resultados acadados pola competencia.

Poderán participar en play! Desafío para Novos Emprendedores os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de Galicia ou de “Ensino secundario” de Portugal, independentemente da modalidade pola que teñan optado cursar. Os alumnos deberán conformar equipos dun mínimo de 4 persoas e un máximo de 6 e cumprimentar adecuadamente o formulario de inscrición web.

Rexeitaranse todos aqueles cupóns de inscrición incompletos ou recibidos fora dos prazos establecidos.

En ningún caso  unha mesma persoa poderá participar en máis dun equipo. Facelo será motivo para a eliminación da competición.

É imprescindible que no cupón de inscrición figure unha persoa como responsable do equipo, que será quen reciba e envíe toda a información que se elabore. Asemade, deberá figurar o docente ou docentes do centro que asumirán as labores de apoio e asesoramento dos diferentes equipos.

O período de inscrición será dende o 5 de outubro ata o 6 de novembro de 2009. Neste período deben estar a disposición da organización os cupóns correspondentes.

Inscrición, información e bases AQUÍ

Comentarios desactivados en Arranca play! 2010 Desafío para Novos Emprendedores more...

LA IDEA MÁS INNOVADORA DEL UNIVERSO

null

Comentarios desactivados en LA IDEA MÁS INNOVADORA DEL UNIVERSO more...

INVENTANDO, QUE É XERUNDIO

 

TI TAMÉN PODES INNOVAR

Se tes entre 12 e 18 anos presenta unha idea para crear un novo producto,

un novo servicio ou unha maneira distinta e innovadora de producir algo xa

existente e gaña un portátil ou diferentes premios.

Consulta as bases en:

www.galiciainnovacion.com

 Xa podedes comezar a escribir a memoria, recordade:

Descrición do producto, servicio ou proceso, a quen vai dirixido,

utilidade social e maneira de levalo a cabo.
O prazo de entrega é o 2 de marzal, pero para que eu o revise

 

dádemo canto antes. 

 

ÁNIMÁDEVOS INVENTORES!

 

Comentarios desactivados en INVENTANDO, QUE É XERUNDIO more...

CONCURSO: CUÉNTAME UN CUENTO

La Dirección eneral e Tráfico (DGT) ha convocado la 1ª edición del concurso “Cuéntame un cuento”. El objetivo del mismo es potenciar la educación vial destinada al público infantil y puede participar CUALQUIER PERSONA con cuentos de una extensión máxima de 4 folios, dirigidos a un público de 3 a 14 años. Los trabajos se dirigirán a las jefaturas provinciales de tráfico o al ärea de Educación y Divulgación (C/ Josefa Valcárcel, 28) ANTES DEL 15 DE JUNIO de 2008. Se otorgarán 5 premios de 1.000€; uno de 1.500€ y otro de 2.000€ para el ganador.
ENLAZA AQUí

Comentarios desactivados en CONCURSO: CUÉNTAME UN CUENTO more...

¿Quén é o mellor periodista?

Convocouse xa o concurso para acadar o premio ó mellor periodista infantil e xuvenil. Para ver as bases da convocatoria preme AQUí 

Sei que moitos de vós tedes espírito de periodistas ¡ANIMáDEVOS! O importante e participar dunha nova experiencia

Comentarios desactivados en ¿Quén é o mellor periodista? more...

II CONCURSO ACABA CON PITI

O “II Concurso Acaba con Piti” invita os nenos e xóvenes a elaborar mensaxes dirixidos a rematar co tabaco a través de diversos medios (debuxos, contos, fotos, vídeos…). O Prazo de presentación de traballos vai do 1 de febreiro ó 18 de abril. Os premiados en cada unha das categorías  (11 a 13 anos, de 14a 16 anos e de 17 a 20 anos) recibirán unha consola Wii.

ACCESO A MáIS INFORMACIóN

Comentarios desactivados en II CONCURSO ACABA CON PITI more...

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE LINGUAS EXTRANXEIRAS

O Ministerio de Educación e Ciencia convoca axudas para participar en diferentes tipos

de actividades para a mellora da competencia en linguas estranxeiras. As devanditas

actividades terán lugar no verán de 2008. Podes consultar máis información na páxina

do MEC. Acceso Enlaces ao BOE para as distintas actividades:

Inglés: 5º, 6º E.P.e 1º ESO.

Francés: 1º,2º bacharelato e ciclos grao medio.

Alemán ou francés: ciclos de grao superior.

Comentarios desactivados en AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE LINGUAS EXTRANXEIRAS more...

  • octubre 2019
    L M X J V S D
    « May    
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
  • Comentarios recientes

  • Archivos

    Copyright © 1996-2010 €-conomízat. All rights reserved.
    iDream theme by Templates Next | Powered by WordPress