-Avaliarase a participación no blog (tanto positiva como negativamente). Haberá actividades que se pedirán desde o blog para facer na caderno e outras haberá que colgalas no blog.

-Primeiro lede a guía do caderno dixital entrando en http://www.prensaescuela.es/images/Gua%20de%20blogs%20Prensa-Escuela.pdf (non fixarse tanto no que incumbe ao administrador, pero si en como poñer post)
-Tede especial coidado coa ORTOGRAFÍA, redactade con sentido e sen fusilar texto, que xa sabemos que é a especialidade de moitos… Revisade ben os post antes de publicalos, é máis fácil que corrixilos despois.
-Intentade ser precisos, para facer referencia a un texto ou información máis longa inseride un enlace.
-Tede coidado coas imaxes e/ou vídeos que requiran autorización de o/os autor/es.
-Debedes tamén poñer as fontes de onde sacades a información (por exemplo: A Voz de Galicia 6/10/2009 páx. 14)
-Podedes poñer o voso nome nos post e comentarios, pero non deades información concreta sobre a vosa identidade como enderezo, outros datos ou fotos.
-Respectarase en todo momento aos vosos compañeiros, profesores e a calquera persoa, evitando insultar, desacreditar ou descualificar gratuitamente. Non quere dicirse que non se poida facer unha crítica, pero esta ha de ser sempre construtiva e respectuosa, non todos temos que pensar igual, afortunadamente, pero si todos debemos ser tolerantes e respectuosos cos demais, hai que tratar como queremos ser tratados.
-Poden propoñerse moitos comentarios, artigos, anécdotas, actividades relacionadas coa economía, as iniciativas emprendedoras e con outros contidos educativos. Facede as vosas propostas e seredes escoitados por todos.
-Non desbotedes a oportunidade de poder participar nunha experiencia educativa distinta.
-Intentade ser OPTIMISTAS e ver o lado bo, sempre hai algo interesante que aprender ou compartir.